Vigo | María L. García
O BNG reclama á Xunta que reabra de inmediato as 180 camas hospitalarias que permanecen pechadas na área sanitaria de Vigo durante o verán. A formación nacionalista considera que a presión asistencial que soportan os centros sanitarios da cidade fai necesario adiantar a reapertura, inicialmente prevista para o 1 de outubro.
O portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, cualificou de «inaceptábel» que se manteñan pechadas estas camas mentres aumenta a presión sobre o Hospital Álvaro Cunqueiro. Segundo denuncia, nos últimos días chegaron a desdobrarse ata dez habitacións individuais e as Urxencias rexistran xornadas con arredor de 500 pacientes.
A esta situación súmase, segundo o BNG, a presión que soporta o Punto de Atención Continuada da rúa Pizarro, o único PAC da cidade. Para Igrexas, a combinación destes factores está provocando demoras e cancelacións de ingresos, intervencións e tratamentos que considera «inasumíbeis».
«Precisamos xa a reactivación do 100% dos recursos para axilizar os ingresos e evitar a cancelación e demora inasumíbeis de intervencións e tratamentos», reclamou.
O BNG denuncia esperas de máis de 20 días nos centros de saúde
A formación nacionalista vincula a presión hospitalaria coa situación que, segundo asegura, se está a producir tamén na atención primaria. Igrexas denuncia esperas superiores aos 20 días para conseguir cita nalgúns centros de saúde e axendas sen dispoñibilidade durante as próximas catro semanas.
O portavoz municipal atribúe esta situación ás políticas sanitarias da Xunta e reclama a recuperación do persoal necesario para reforzar tanto os hospitais como os centros de saúde.
«As viguesas e vigueses non merecemos este castigo nin unha sanidade precarizada e lenta», afirmou Igrexas, que acusou o Goberno de Alfonso Rueda de manter políticas de «recortes e privatizacións».
OuTraS NoVaS
- Redondela estrea unha pasarela sobre o río Maceiras para conectar Vilavella co centro a pé
- De teatro y rock a pinchos, pompas de jabón y Pan do Porriño: planes para este sábado
- Luisa Sánchez pide a Caballero que baje los impuestos tras tres años de subidas y 150 millones sin gastar
- La Xunta autoriza al Concello a ocupar 21.000 m2 de O Vao para recuperar playa y dunas
- Conxemar dona 5.000 kilos al Banco de Alimentos, un 45% más que en 2025





