
Redacción | Cultura
Rematan os Solpores da Rebullón deste verán e, logo dunha ducia de artistas, a responsabilidade de poñer o fin de festa recae nuns amigos da casa: DoRoxo Presbiçian.
DoRoxo Presbiçian naceu en Mos no 2021 e, desde entón, a banda foi construíndo un son único que mestura honestidade cunha lírica profundamente existencial. A súa enerxía lembra ao grunge dos noventa e á contundencia do rock urbano, cunha carga emocional que atravesa cada tema.
Nas súas letras, Doroxo Presbiçian aborda temas como a crítica social, a frustración contemporánea e a necesidade de autenticidade nun mundo saturado de ruído e aparencias. Sen medo a soar diferente, sobre o escenario son un verdadeiro ciclón grazas á presenza escénica da súa vocalista e a unha música profundamente elaborada.
Co lanzamento do seu EP «bla bla bla», DoRoxo Presbiçian dá un paso máis na súa evolución artística e confírmase como unha das voces emerxentes máis potentes do rock galego contemporáneo. Dispoñible en formato físico, en Spotify e no resto das plataformas dixitais, este EP consolida ao grupo como unha das propostas máis intensas e xenuínas.
Froito desta evolución, o grupo actuará este verán en Galicia, en Sevilla e protagonizará unha pequena xira en setembro por Extremadura, onde tocarán no «Moñeco Fest», festival referencia do sur de Badajoz.
OuTraS NoVaS
- Muere un trabajador al volcar el camión que conducía, en la Escuela Naval Militar de Marín
- O litoral de Pontevedra, xunto co oeste e suroeste da Coruña, o sur de Ourense, en aviso amarelo
- Último Solpor da Rebullón con DoRoxo Presbiçian: unha das voces emerxentes máis potentes do rock galego
- El Concello quiere llenar el vacío entre las fiestas de verano y Navidad, con espectáculos en septiembre y octubre
- Muere una persona y otra resulta herida en un accidente de tráfico en Sarria





