Comarcas

O Porriño habilita máis de 1.100 prazas de aparcamento gratuíto en oito puntos da vila

A rede suma máis de 28.000 metros cadrados e permite estacionar preto do centro, colexios, instalacións deportivas e outros equipamentos públicos

O Porriño habilita máis de 1.100 prazas de aparcamento gratuíto en oito puntos da vila

O Porriño | A.Buendía

O Porriño conta con máis de 28.000 metros cadrados de aparcamento gratuíto, repartidos en oito parcelas do municipio, que suman máis de 1.100 prazas para vehículos. A rede busca facilitar o acceso ao centro urbano e aos principais equipamentos da localidade nunha vila na que a falta de estacionamento é unha das dificultades recorrentes para a mobilidade.

  • O maior dos espazos sitúase na rúa Progreso, cunha superficie de 10.000 metros cadrados e capacidade aproximada para 450 vehículos. Nas proximidades, xunto ao paso a nivel, hai outra parcela de 1.000 metros cadrados.
  • Na rúa Leandro Diz, ao carón da capela e do barrio de San Sebastián, habilitáronse outros 4.200 metros cadrados. Este espazo inclúe tamén unha zona destinada ao estacionamento de caravanas.
  • A rede complétase con diferentes parcelas situadas xunto a equipamentos públicos e educativos. Na prolongación de Fernández Areal, fronte ás pistas de tenis e nas proximidades do centro de saúde, os xulgados e o pavillón municipal, dispóñense 3.000 metros cadrados.
  • Na contorna dos centros educativos e deportivos localízanse outros 6.100 metros cadrados, repartidos en dúas parcelas de 3.700 e 2.400 metros cadrados, xunto aos CEIP Fernández López e Quiroga e preto do polideportivo municipal.
  • A estes espazos súmanse outros 3.500 metros cadrados na avenida de Galicia, no centro urbano, e unha parcela de 500 metros cadrados nas inmediacións do cemiterio municipal.


Aparcar fóra do centro para acceder a pé

A distribución dos aparcadoiros pretende facilitar que os condutores poidan deixar o vehículo a poucos minutos a pé dos principais puntos do Porriño. O obxectivo é reducir a presión do tráfico no núcleo urbano e favorecer os desprazamentos peonís unha vez estacionado o vehículo.

Así, o Concello vincula tamén esta rede coa actividade do comercio e da hostalería, ao considerar que a dispoñibilidade de estacionamento pode influír nos hábitos de mobilidade de residentes e visitantes.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, sinalou que a falta de aparcamento era unha das principais dificultades do municipio e defendeu a combinación de rúas máis orientadas ao tránsito peonil con alternativas de estacionamento nas proximidades.

O Concello elaborou ademais un mapa coa localización dos diferentes aparcadoiros, co propósito de facilitar a súa identificación tanto para a veciñanza como para as persoas que se desprazan ata O Porriño desde outros municipios.


OuTraS NoVaS


Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.