O Claustro do IES Alexandre Bóveda manifestou este xoves o seu “profundo malestar” pola dotación de profesorado asignada ao centro para o curso 2026/2027, ao considerar que os recursos concedidos non responden ás necesidades reais do alumnado nin permiten garantir unhas condicións adecuadas de ensino.
Segundo denuncia o instituto, o cupo de profesorado aprobado pola Xunta é “claramente inferior” ao solicitado pola Dirección do centro, unha petición que, asegura, estaba debidamente xustificada con datos e necesidades educativas concretas.
O Claustro advirte de que esta redución de recursos terá consecuencias directas na organización do centro, xa que limitará a atención individualizada, os reforzos, os apoios e a capacidade de resposta ante as necesidades do alumnado. Ademais, sinala que a situación continúa unha “tendencia regresiva” na dotación de persoal que aumenta a precariedade e dificulta ofrecer unha atención educativa axeitada.
Críticas pola amortización dunha praza e pola falta de transparencia
Outro dos puntos que xera malestar no IES Alexandre Bóveda é a amortización dunha praza no departamento de Bioloxía e Xeoloxía. O Claustro denuncia que esta decisión se tomou “sen comunicación previa nin explicación” por parte da Administración sobre os criterios empregados.
Para o centro, a falta de información neste proceso provoca unha maior preocupación sobre a planificación dos recursos educativos e reclama unha maior transparencia na distribución do profesorado.
Reclaman unha segunda praza de Orientación
O instituto tamén critica a non concesión dunha segunda praza de Orientación solicitada para o próximo curso. Así, dende o centro aseguran que remitiron en varias ocasións á Consellería de Educación os datos do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para xustificar esta petición.
O Claustro considera que a solicitude cumpre cos criterios establecidos pola propia Administración educativa e cuestiona que outros centros con menor matrícula si obtivesen esta dotación.
Ante esta situación, dende o IES Alexandre Bóveda reclaman á Consellería de Educación unha revisión da asignación de profesorado, un reforzo dos recursos destinados á atención á diversidade e unha aplicación “transparente, obxectiva e equitativa” dos criterios utilizados para repartir os recursos entre os centros educativos.
OuTrAs NoVaS
- Vigo prepara una ordenanza contra la prostitución que actuará contra la explotación sexual y la demanda
- La Praza do Rei será irreconocible: así desaparecerá la actual plaza del Concello
- O BNG acusa a Caballero de converter o Concello nunha «estafa piramidal» tras executar só o 27% do orzamento
- O IES Alexandre Bóveda perderá profesorado o próximo curso: alerta de menos apoios e atención ao alumnado
- Asaltan las instalaciones municipales de Redondela y queman dos vehículos oficiales






