
A música tradicional galega será protagonista esta tarde no estadio de Balaídos, onde a Banda de Gaitas Arume de Malvas, de Tui, actuará na previa do encontro entre o RC Celta de Vigo e o Levante UD.
A actuación terá lugar no penúltimo partido do equipo celeste como local nesta tempada e coincidirá cunha semana especialmente significativa en Galicia pola celebración do Día das Letras Galegas, adicado este 2026 á xornalista e escritora Begoña Caamaño.
Un novo vínculo entre Tui e o Celta
Este novo acto simbólico reforza a relación entre RC Celta de Vigo e a cidade de Tui, despois de que a presidenta do club, Marián Mouriño, fose pregoeira das festas de San Telmo, consolidando así unha maior conexión institucional e cultural entre ambas entidades.
O alcalde de Tui e a concelleira de Turismo asistirán ao encontro en Balaídos para acompañar á formación musical neste momento especial para a cultura popular galega.
Presenza da tradición no fútbol profesional
A actuación de ‘Arume de Malvas’ simboliza a presenza da música tradicional galega en grandes escenarios deportivos, achegando a cultura popular ao fútbol profesional nun contexto de celebración e visibilidade pública.
Para a agrupación tudense supón unha oportunidade destacada para levar a súa música a un dos estadios máis emblemáticos do fútbol galego.
Outras novas
- Buscan a una mujer de 84 años desaparecida tras salir de una residencia de O Pereiro de Aguiar
- La música clásica sale a la calle: Bach, Mozart y Morricone al aire libre
- El alcalde anuncia por cuarta vez el parque infantil de la Plaza de Fernando Elorrieta
- ‘Cazado’ a 208 km/h en una carretera limitada a 70
- Eroski transforma en autoservicio tres secciones de un supermercado en Vigo y despide a cinco trabajadoras





