Destacados Vigo al minuto

O BNG dá o primeiro paso en Vigo e escolle a Xabier P. Igrexas como candidato á Alcaldía en 2027

A formación nacionalista aproba por unanimidade a súa designación co obxectivo de “dar un salto adiante” na cidade

O BNG propón mobilizar 25 millóns dos para emprego, vivenda, benestar e parroquias de Vigo

O Bloque Nacionalista Galego de Vigo escolleu oficialmente a Xabier P. Igrexas (Vigo, 1984) como candidato á Alcaldía de cara ás eleccións municipais de 2027. A decisión foi adoptada por unanimidade nunha asemblea local celebrada este mércores.

Co este movemento, o BNG convértese na primeira forza política da cidade en confirmar formalmente o cabeza de lista para o próximo ciclo electoral.

A organización nacionalista fixa como obxectivo incrementar a súa representación no Concello e consolidarse como unha forza “decisiva e determinante” na política municipal de Vigo.

A responsábel local do BNG e deputada autonómica, Carmela González, salientou que o proceso interno se desenvolveu como un exercicio de “democracia radical”, no que a militancia participou activamente na toma de decisións.

Segundo explicou, tanto o Consello Local como a militancia apoiaron de forma unánime a candidatura de Igrexas, o que interpreta como unha mostra de cohesión interna no proxecto nacionalista.


«Impulsar un cambio de modelo de cidade”

Pola súa banda, Xabier P. Igrexas agradeceu o apoio recibido e sinalou que as eleccións municipais de 2027 representan unha oportunidade para impulsar “un cambio de modelo de cidade”. Defendeu que o BNG chega ao novo ciclo electoral cunha base consolidada de traballo institucional e presenza no territorio.

O candidato asegurou que a formación leva presentadas máis de 956 iniciativas desde 2023 e reivindicou o papel do grupo municipal na oposición, asegurando que o BNG “ten demostrado que existe alternativa á actual xestión da cidade”.

Crecemento electoral

Igrexas subliñou tamén o crecemento electoral da organización nos últimos comicios, tanto en eleccións xerais como autonómicas, e afirmou que o BNG se atopa nun momento de “expansión do apoio social” na cidade.

De cara ás eleccións, o candidato nacionalista chamou a mobilizar o voto de quen “non se resigna” e criticou tanto a xestión do actual alcalde, Abel Caballero, como as propostas do Partido Popular, ao que acusou de non ofrecer alternativas reais para a cidade.

A presentación pública oficial da candidatura realizarase o vindeiro luns, día 11, nun acto en Vigo, no que tamén participará a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.


Outras novas


Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.