As obras de desmonte no acceso ao Colexio Chano Piñeiro continúan executándose a bo ritmo, segundo informou o Concello de Gondomar. Os traballos arrancaron coincidindo co período de vacacións escolares de Nadal, unha decisión consensuada previamente coa comunidade educativa para evitar interferencias no normal desenvolvemento das clases.
A actuación céntrase na eliminación do noiro existente, unha intervención considerada necesaria polos técnicos municipais co obxectivo de previr posibles desprendementos de terra cara á vía pública. Deste xeito, preténdese reducir calquera risco potencial tanto para as persoas viandantes como para o tráfico rodado que circula pola zona.
Paco Ferreira, alcalde de Gondomar realizou unha visita de supervisión ás obras, acompañado polo xefe accidental da Policía Local. Durante o percorrido, avaliouse o estado de execución dos traballos e avanzouse na coordinación das medidas de seguridade que deberán adoptarse mentres se desenvolve a intervención.
De forma paralela, o Concello está a deseñar un dispositivo especial de seguridade e regulación do tráfico que se activaría no caso de que as obras non estean rematadas antes do inicio do curso escolar.
Otras noticias
- Luis Bar Boo: el vigués que murió a manos de Clint Eastwood y se convirtió en Conan
- Desalojo y demolición de dos casas para cerrar un foco de drogas en Sanguiñeda
- Cuatro heridos en dos accidentes de tráfico en Mos y O Porriño
- SIT-FSI mantiene una amplia mayoría en las elecciones sindicales de Stellantis Vigo
- Cuatro coros toman la Porta do Sol para despedir a temporada cultural





