O Porriño despedirá o ano 2025 de maneira anticipada cunha gran xornada festiva dirixida a toda a veciñanza, que se celebrará o vindeiro 30 de decembro. Trátase dunha cita xa consolidada no calendario cultural e de lecer do municipio, organizada polo Concello e pensada para públicos de todas as idades.
Programación
A programación arrancará pola mañá, ás 11:00 horas, cunha festa infantil na carpa do Parque do Cristo, onde a cativada será a gran protagonista. Os nenos e nenas poderán celebrar o seu propio Pre-Fin de Ano coa actuación do grupo Mamá Cabra, xogos, animación e un pasarrúas con personaxes infantís, creando un ambiente festivo e familiar desde primeiras horas do día.
Xa pola tarde, a partir das 19:00 horas, terá lugar o pasarrúas das rondallas de Santa María do Porriño, da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios e da Rondalla Cultural Musical de Pontellas, que percorrerán as rúas do centro da vila enchendo O Porriño de música tradicional e espírito festivo.
Uvas, cotillón, chocolate…e a París de Noia
A celebración central dará comezo ás 21:30 horas cunha gran festa de Pre-Fin de Ano que incluirá actuacións musicais e a repartición gratuíta de uvas, cotillón e chocolate quente para todas as persoas asistentes.
A noite continuará coas doce badaladas a medianoite, seguidas dunha sesión DJ a cargo de Dumore e Groove Amigos e da actuación da Orquestra París de Noia. O escenario principal de toda a xornada festiva estará situado na rúa Domingo Bueno.
Outras novas
- Denuncian que el Sergas incorpora médicos sin la especialidad de Familia, en los PAC del área de Vigo
- Vigo e Nigrán quedarán unidos por unha senda de 14 quilómetros para camiñar e pedalear
- Nuevo pulso por la pantalla gigante: la Diputación lo intentará otra vez para el España-Francia tras el precinto
- Cangas convértese na capital galega do cómic
- Continúa la búsqueda de María Pereira en Redondela, con drones y nuevas batidas tras su desaparición en Vigo






