Responsábeis da CIG fixeron públicas en rolda de prensa as principais conclusións do informe elaborado tras a denuncia presentada polo sindicato a raíz do asasinato de Teresa de Jesús Rodríguez González, traballadora do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Porriño.
O documento conclúe que a morte foi consecuencia directa da ausencia de medidas efectivas de prevención de riscos laborais por parte da empresa concesionaria, Aralia, nun contexto no que tamén se constata que a nivel local tamén se tiña coñecemento da situación de vulnerabilidade da empregada.
Así, o informe da autoridade laboral confirma a inexistencia dunha avaliación específica de riscos psicosociais e de violencia externa no domicilio no que se prestaba o servizo, así como a ausencia de protocolos operativos coñecidos polo persoal. Tamén se recolle a falta de formación en materia de prevención de riscos e a inexistencia de procedementos áxiles e eficaces para a interrupción inmediata do servizo en caso de risco grave e inminente.
Non se avaliou o risco que corría Teresa
Paralelamente, un informe do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galiza (ISSGA) recoñece que a traballadora estaba exposta a unha situación de risco que requiría unha análise previa e que os protocolos existentes non eran axeitados nin coñecidos pola afectada. Entre as recomendacións formuladas figuran a revisión integral do protocolo, a realización de avaliacións de risco específicas e a elaboración dun código de dereitos e deberes das persoas usuarias e das súas familias.
Outras novas
- Si el Mundial 2030 viene a Galicia, se jugará en Balaídos: A Coruña renuncia
- Avanza a reparación do noiro da AG-57, tras os desprendementos dos temporais
- Marín acoge el Campeonato Gallego de Kickboxing y Muaythai 2026, con récord histórico de participación
- El próximo día 23 abre el plazo para solicitar plaza en las escuelas infantiles municipales
- El Gobierno estudia bajar el IVA de la electricidad para contener los precios ante la crisis energética
Responsabilidades penais, empresariais e políticas
A central sindical CIG anunciou que se personará na causa penal aberta para exixir a depuración de responsabilidades empresariais e políticas, tanto a nivel municipal como autonómico. O informe da Inspección propón a imposición dunha sanción por infracción grave en grao máximo e dúas infraccións en grao mínimo por incumprimentos en materia de información e participación das delegadas de prevención.
O documento conclúe que a estrutura organizativa e contractual actual do SAF neutraliza na práctica o dereito das persoas traballadoras a interromper a actividade ante situacións de risco grave e inminente, o que evidencia, segundo o sindicato, a necesidade urxente de reformular o modelo de prestación do servizo e os protocolos de seguridade asociados






