O Concello do Porriño valorou positivamente a decisión adoptada polo Consello da Xunta de Galicia de autorizar o inicio da tramitación para declarar de interese autonómico o ámbito urbanístico situado na contorna do pavillón municipal de deportes, no sector SUR-PPR-2. A zona abrangue 4,3 hectáreas e está destinada a habilitar novo solo residencial.
Así, o expediente previsto permitirá transformar o solo urbanizable coa creación de arredor de 300 vivendas, das que 240 estarían acollidas a réxime de protección pública. O plan inclúe tamén a incorporación de novos espazos libres e áreas verdes vinculadas ao río Couso, co obxectivo de ampliar as zonas de uso público e garantir a integración coa contorna natural.
Un concello que medra
O alcalde, Alejandro Lorenzo, cualificou a decisión de “boa nova” para o municipio nun momento no que, segundo destacou, O Porriño experimenta un crecemento continuado da poboación. O rexedor lembrou que o concello supera xa os 20.000 habitantes —dato que se reflectiu no incremento de concelleiros nas últimas eleccións municipais— e apuntou que a demanda de vivenda require planificación urbanística para acompañar esta tendencia.
Lorenzo salientou tamén que a elevada taxa de natalidade e o aumento de matrículas escolares son indicadores da chegada de novas familias ao municipio. Neste contexto, considera que a creación de vivenda protexida e novos espazos públicos contribuirá a dar resposta ás necesidades de crecemento de maneira ordenada.
Outras novas
- Arde un coche en la A-52 a la salida del túnel de O Folgoso y obliga a desviar el tráfico
- El Concello renuncia a las viviendas y construirá nuevas instalaciones para el CEIP Canicouva
- El alquiler en Vigo bate récord, mientras ya hay más de 2.000 pisos turísticos en la ciudad
- A partir del 15 de junio, habrá 13 vuelos semanales de Vigo a Canarias
- El alcalde alerta de la falta de vivienda y culpa a la Xunta del encarecimiento de los alquileres
Desde o Concello aseguran que colaborarán coa Xunta en todos os trámites necesarios para axilizar o avance do proxecto e facilitar a súa execución, coa intención de garantir oferta residencial accesible e un desenvolvemento urbano sostible.





