Galicia

Tivemos un mes de outubro «seco e moi cálido»

A media das temperaturas máximas foi de 20,4 graos

O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro seco e moi cálido.

En concreto, o pasado mes caracterizouse por unha primeira parte, ata o día 18, con predominio de altas prestacións, que deixaron tempo seco e moi cálido. A partir do día 19, as temperaturas descenderon e as precipitacións foron aparecendo con máis frecuencia e intensidade.

Temperaturas «moi por riba do que sería de agardar»

Con todo, as temperaturas medias do mes quedaron moi por riba do que sería de agardar en outubro e as precipitacións que se foron acumulando nos últimos días non puideron chegar aos valores propios deste mes na maior parte de Galicia.

No que respecta ás temperaturas, a media en outubro para a serie rexional foi de 16,1 graos, 1,6 graos máis do valor habitual neste período, o que significa que se tratou dun mes moi cálido. De feito, segundo os datos rexistrados en once estacións meteorolóxicas representativas, as desviacións medias das temperaturas mínima (0,9 graos) e máxima (2,4 graos) foron tamén superiores aos valores normais neste mes.

Máis polo miúdo, a media da temperatura mínima en Galicia en outubro foi de 9,9 graos. Os valores máis baixos (5,1 graos e 6,3 graos) rexistráronse nas comarcas da Limia e de Verín e nas serras da Queixa e Eixe, mentres que os más altos (entre 13,8 graos e 14,9 graos) localizáronse nas zonas costeiras das rías de Pontevedra e Vigo.

En canto ás temperaturas máximas, a media foi de 20,4 graos. Nas ribeiras do Miño ourensá e nos vales dos ríos Sil, Soldón, Támega e Tea rexistráronse os valores máis altos (entre 22,9 e 24,5 graos) e os máis baixos (entre 14,7 graos e 16,3 graos) déronse nas serras da Queixa e Eixe.


Outras novas


Precipitacións

Por outra banda, a precipitación media acumulada para a serie rexional en Galicia no mes de outubro foi de 123 l/m 2 e, segundo o valor medio das anomalías rexistradas nas 16 estacións meteorolóxicas representativas, isto supón un 26% menos do habitual neste período, polo que se considera seco.

As cantidades de precipitación máis elevadas rexistráronse na fachada atlántica, con valores de entre 250 e 300 l/m 2 , chegando aos 350 l/m 2 na contorna da serra do Suído.

Pola contra, os acumulados máis baixos, que oscilan entre os 20 e os 40 l/m 2 , atópanse na metade setentrional da Mariña e en áreas dos vales dos ríos Sil e Navia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.