O Concello do Porriño vén de conseguir a cesión gratuíta dunha parcela de 3.048 metros cadrados situada nas inmediacións das pistas de tenis, con acceso dende a rúa Fernández Areal, co obxectivo de acondicionala como aparcadoiro público de balde.
Este novo espazo ofrecerá servizo a zonas moi concorridas do municipio, como o centro de saúde, o polideportivo municipal, os xulgados e a Tesourería Xeral da Seguridade Social, facilitando así o acceso a estes equipamentos e reducindo a presión de estacionamento nas rúas próximas.
Nos vindeiros días, o Concello iniciará os traballos de acondicionamento da parcela, coa previsión de que o aparcadoiro poida entrar en funcionamento nas próximas semanas.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, agradeceu a colaboración da veciñanza, destacando que “a boa disposición dos propietarios destas parcelas é fundamental para que o Concello poida ofrecer solucións reais á demanda de estacionamento no centro”. Engadiu ademais que “seguiremos traballando para conseguir máis espazos como este, que faciliten a mobilidade e melloren a calidade de vida no Porriño”.
O rexedor tamén subliñou que “se creamos zonas peonís e de recreo, é preciso crear tamén aparcadoiros para completar as novas infraestruturas e garantir que toda a veciñanza poida desfrutalas con comodidade”.
Tamén en vigoalminuto
- La ayuda del 0,7% del IRPF impulsa la rehabilitación de 28 personas con esclerosis múltiple
- El BNG lleva a la Valedora do Pobo la negativa de Caballero a comparecer por el accidente mortal del Saltamontes
- CCOO y Inditex renuevan el acuerdo salarial con subidas del 12% hasta 2028
- La comisión de la ETEA se reúne por videoconferencia, pese a que sus miembros estaban a pocos minutos unos de otros en Vigo
- Policías y guardias civiles alertan del fuerte aumento de homicidios, delitos sexuales y ciberdelincuencia en Galicia
Máis estacionamento no centro
Este novo aparcadoiro reforzará a oferta de estacionamento no centro urbano, que xa se ampliou nos últimos tres anos con cinco novas áreas situadas na rúa Progreso, na Travesía Avelino Villasuso, na rúa Pontevedra e en dous espazos da rúa Antonio Palacios, próximos á autovía.
A creación deste tipo de espazos é «clave para avanzar cara a un modelo de vila máis accesible, cómoda e funcional, que non só responde á elevada demanda de estacionamento no centro urbano, senón que tamén axuda a desconxestionar o tráfico, a ordenar a mobilidade e a impulsar o comercio local«.





