O Concello do Porriño acadou por primeira vez na súa historia unha subvención dos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) por un importe de 6.547.728 €, para levar a cabo o seu Plan Integrado de Actuacións “O Porriño. O noso encontro”, cun orzamento total de case 11 millóns de euros -10.912.880 € exactamente-.
Transformación urbana
A resolución provisional da Dirección Xeral de Fondos Europeos, “marca un antes e un despois na
capacidade do Porriño para captar financiamento europeo”, cun proxecto integral que “aposta pola
transformación urbana, a cohesión social, a resiliencia fronte ao cambio climático e a mobilidade sostible
e eficiente”.
“É un fito histórico para O Porriño. Por primeira vez accedemos a unha subvención europea deste nivel, que nos permite dar un salto cualitativo no modelo de vila que queremos construír: máis sostible, máis cohesionada e pensada para as persoas”, explica o alcalde Alejandro Lorenzo.
“Este logro non é só económico, senón tamén político e social: reflicte o traballo técnico, o consenso institucional e a capacidade do Porriño para pensar en grande e mirar cara a Europa”, engade.
Cinco proxectos clave
O plan aprobado en pleno, o 24 de febreiro de 2025, inclúe cinco proxectos principais, tres deles con actuacións clave no núcleo de Torneiros para convertelo en saudable, inclusivo, integrador, sostible conectado e vertebrado.
Así levaranse a cabo melloras do espazo público, apostando pola súa renaturalización e calidade ecolóxica; programas de formación e capacitación para reducir as fendas socioeconómicas e impulso de redes de mobilidade sostible entre Torneiros e o centro do Porriño.
Por outra banda, tamén se contempla actuacións na contorna do río Louro, coa creación de espazos naturais multifuncionais que reduzan o risco de inundación e, xa no centro urbano, o desenvolvemento dunha rede de espazos culturais para fomentar a cohesión social.
Outras novas
- THE TUBS y CRACKER protagonizan el fin de semana musical en Vigo dentro del Underfest
- Advierten de “graves irregularidades” en la respuesta del Gobierno municipal a las alegaciones al PXOM
- El Supremo condena al fiscal general a 2 años de inhabilitación por revelación de secretos
- La Xunta propone un bypass de ‘urgencia’ en Eiras y Caballero pide la dimisión de la conselleira de Medio Ambiente
- Vigo, entre las ciudades europeas galardonadas por alcanzar la ‘Visión Zero’
Mellorar a calidade de vida da veciñanza
A implementación destes proxectos permitirá mellorar a calidade de vida da veciñanza, promover a inclusión social e avanzar na transición ecolóxica do municipio”, sinala Alejandro Lorenzo. Todas estas accións forman parte da Axenda Urbana e Rural do Porriño, aprobada en pleno no mes de
xullo de 2024, que “senta as bases para o desenvolvemento sostible do municipio nos vindeiros anos”.






