O Concello de Gondomar superou os 850 participantes nas súas actividades deportivas, culturais e de verán. «Esta ampla participación reflicte o esforzo institucional por promover un verán activo, saudable e con oportunidades reais para a infancia e a xuventude do municipio», apunta o alcalde, Paco Ferreira.

Entre as iniciativas destacadas inclúense disciplinas como voleibol, baloncesto, patinaxe artístico, tenis, fútbol gaélico, tenis de mesa ou ximnasia de mantemento, así como actividades lúdicas, culturais e de conciliación familiar. Ademais, a programación contou con campus dixitais, cursos de iniciación á escalada, talleres de surf e sesións de freestyle nas tardes, ofrecendo unha oferta variada e adaptada a diferentes idades e intereses.
Conciliación, acceso ao deporte e impulsar valores como a inclusión
Ferreira subliña que “o Concello ten como responsabilidade favorecer a conciliación familiar, facilitar o acceso ao deporte e á cultura desde a infancia e apostar por espazos que impulsen valores como o compañeirismo, a inclusión e o benestar”. Ademais, o alclade ponen valor o traballo conxunto cos clubes deportivos locais e entidades colaboradoras, que fixeron posible este éxito de participación.
Tamén en vigoalminuto
- Conxemar dona 5.000 kilos al Banco de Alimentos, un 45% más que en 2025
- SOS Sanidade Pública pide una Unidad de Grandes Quemados para Vigo
- El fuego, la rebelión y el pecado se citan esta noche en la ciudad
- O BNG propón duplicar o recargo do IBI ás vivendas baleiras de Vigo e elevalo ao 150% para grandes propietarios
- Grande Amore, teatro y música improvisada: seis planes culturales para este fin de semana en Vigo
Este esforzo enmárcase nunha estratexia municipal que busca reforzar a presenza pública nas actividades de xuventude, lecer e deporte, ofrecendo «alternativas accesibles, inclusivas e de conciliación», para todos os veciños e veciñas. «O Concello aspira a manter e mellorar esta oferta nos vindeiros anos, recollendo a experiencia desta edición e as achegas das familias participantes».





