Galicia

The Wild Cinema, cine ao aire libre, do 5 ao 7 de setembro, en San Miguel de Oia

Coa natureza e sustentabilidade como protagonistas

The Wild Cinema, cine ao aire libre, do 5 ao 7 de setembro, en San Miguel de Oia

Imágenes: Paula Cermeño/ O festival internacional de cine medioambiental The Wild Cinema volve a Vigo do 5 ao 7 de setembro. Na súa sexta edición proxectará dezaseis traballos de once paísesentre curtas e longametraxes. Os filmes poderán desfrutarse nunha gran pantalla led no merendeiro do Parque Forestal de San Miguel de Oia, procurando unha experiencia diferente na que a natureza é escenario e protagonista.


Tamén en vigoalminuto


The Wild propón unha viaxe audiovisual de cinco sesións para todos os públicos que percorren un amplo abano de temáticas: desde o quecemento global e as súas consecuencias, ata o activismo ecolóxico o coidado e goce da natureza ou a práctica de deportes de aventura e montaña. A programación completa por bloques pode consultarse na web do festival.

Presenza galega

Entre os títulos máis destacados figuran dúas producións galegas: o documental Testemuñas dunha illa (de Borja Duarte Quintáns, Elian Mercedes Antigua e Guillermo Artero García), que recolle a memoria da Illa de Arousa antes da construción da ponte; e A tarea (de Alfonso O’Donnell)unha inmersión na vida das mariscadoras galegas e no reto que supón o cambio climático para a súa profesión.

Prestixio internacional

Atopamos tamén dúas curtametraxes premiadas no prestixioso festival barcelonés FICMA, o máis antigo do mundo dedicado ao cine ambientalGreenwash (Costa Rica, 2024, Andrés Bronnimann), un poema visual que denuncia o falso activismo verde con fins comerciais; e The Art of Giving (Indonesia, 2023, Mickael Couturier), que relata unha fermosa historia de solidariedade na illa de Bali.

A mirada internacional complétase con obras como When the Flood Comes (Paquistán, 2023, Nyal Mueenuddin), que percorre 3.000 km ao longo do río Indo para narrar as devastadoras inundacións de 2022; ou The Experiment (Kazajistán, 2024, Maxim Akbarov), que denuncia os efectos dunha planta tóxica instalada nunha comunidade rural.

Tamén hai lugar para a experimentación e a poesía audiovisual, con títulos como Marée noire (Canadá, 2024, Chantal Caron), que mistura danza e paisaxes nevadas para falar de especies en perigo de extinción; ou Vole… soulève toi et vole (Colombia / Francia, 2024, Paola Andrea Suesca e Tuchí Ortiz), un documental experimental que utiliza a voz das aves para transmitir coñecemento e poesía.


Outras novas


Para todas as idades

Ainda que todas as sesións son aptas para familias, os bloques do domingo inclúen propostas específicas para a infancia como La Légende du colibri (Francia, 2025, Morgan Devos), unha fábula emocionante ambientada na Amazonía; A madár gyermekei – Children of the Bird (Hungría, 2024, Julis Tudisco), que convida a imaxinar un universo mitolóxico; ou a distópica Jus d’orange (Francia, 2023, Alexandre Athané), que combina humor e crítica social nunha distopía divertida e inquietante sobre un agricultor de laranxas.

No seu conxunto, a programación de The Wild Cinema convida a reflexionar sobre a emerxencia climática, a responsabilidade individual e colectiva, e o poder do cinema como ferramenta de cambio. Obras como La generación de la regeneración (España, 2024, Saúl González Abejón), centrada no futuro do mundo rural, ofrece mensaxes optimistas e inspiradoras sobre a capacidade de cambio das comunidades.

The Wild – Programa Completo

The Wild Cinema enmarcarse dentro do festival The Wild, un evento multidisciplinar que combina música, espectáculos familiares, cine e actividades que poñen en valor a contorna do Parque Forestal de San Miguel de Oia. Na súa sétima edición, que se celebra do 5 ao 7 de setembro, o certame conta con Ilegales como cabeza de cartel o sábado. Tamén subirán ao escenario os grupos galegos Neta Rufina e Dr. Salvaje, así como outras catro bandas emerxentes, que participan no concurso de talentos Salvaxesons.

No apartado familiar os xogos populares, os pintacaras e as Olimpiadas Paiasas comparten espazo coas actuacións de Cé Orquestra Pantasma e Peter Punk. Tamén se celebra a xincana de orientación Orientaventura, así como un obradoiro de danzas do mundo e catas de viño.

Entradas

As entradas para o sábado están dispoñibles en www.thewildfest.com a un prezo de 10 €. O venres e domingo a entrada é gratuíta, ao igual que para menores de 14 anos. O festival conta con zona de acampada e espazo para furgonetas con baños e duchas, reforzando o seu carácter accesible e familiar.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.