As obras de saneamento que se están a executar na Travesía de Novás, na parroquia de Atios, no Porriño, están xa na súa fase final: a repavimentación do camiño. Trátase dunha actuación, cun investimento de 27.710€, financiada a través do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra, que supón unha mellora considerable na rede de saneamento desta zona rural, que presentaba graves deficiencias.
Tamén en vigoalminuto
- Patos acolle o Campionato de Europa de Surf adaptado
- El Concello llevará a la Xunta a los tribunales para recuperar el antiguo Colegio Virgen del Rocío
- A provincia, plató de cine
- “Caballero, que decía que no tenía competencias en vivienda, admite ahora que sí las tiene”
“A rede de saneamento dalgúns núcleos rurais do municipio resulta totalmente insuficiente nalgúns casos ou atópase nun estado de precariedade noutros, feito que fai necesaria unha importante intervención de mellora sobre a mesma”, explica o alcalde, Alejandro Lorenzo.
O proxecto inclúe a instalación dun colector novo por gravidade composto por 120 metros de
tubaxe e tres pozos de rexistro, para dar servizo a catro vivendas unifamiliares, e a repavimentación do vial. Precisamente, os traballos céntranse estes días na aplicación do novo aglomerado asfáltico nun treito de 180 metros, cun ancho medio de 5 metros.
Segundo explica o alcalde, “esta obra responde a unha demanda histórica da veciñanza e encaixa dentro do noso compromiso de ir paso a paso ata acadar o cen por cen do saneamento, garantindo servizos públicos de calidade en todas as parroquias do Porriño”. Lorenzo asegura que os traballos rematarán nos vindeiros días, cumprindo os prazos previstos.