Galicia

Internet chega xa ao 95,5% dos fogares

O uso é universal ata os 44 anos e chega ao 75% entre as persoas de entre 65 e 74

Internet chega xa ao 95,5% dos fogares

Un total de 113.114 persoas incorporáronse ao uso de internet en Galicia entre 2021 e 2024. Nese mesmo período os fogares con internet contratado incrementáronse en 55.208 e son xa o 95,5% do total das vivendas galegas.

Os incrementos máis significativos rexístranse nos indicadores nos que Galicia presentaba os valores máis baixos, como nos concellos de menos de 5.000 habitantes, onde a contratación de internet nos fogares crece un 11,6% e sitúase por primeira vez por riba do 90%; e no uso de internet entre as persoas de 65 a 74 anos, que roza o 75%, cun aumento de máis dun 13% respecto ao ano pasado.

Estas datos, recollidos no estudo ‘Galicia. A nosa vida en dixital. A Sociedade da Información nos fogares galegos’. Edición 2024, que publica hoxe o Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga).


Tamén en vigoalminuto


Uso de internet e velocidade das conexións

Preto do 94% dos galegos e galegas empregaron internet nos últimos tres meses en 2024. Así:

  • o uso da rede é practicamente universal nas franxas de idade dos 16 aos 44 anos
  • supera o 98% entre os 45 e os 54 anos
  • segue medrando entre os 55 e os 64 anos, onde acada o 93,2%
  • entre os 65 e o 74, roza o 75%

Cómpre destacar que Galicia incrementou os usuarios activos de Internet nun 5% dende o ano 2021, fronte ao 2% do conxunto de España e o 4,3% da Unión Europea.

Ademais do incremento de fogares con internet contratado, o estudo sinala un aumento significativo na contratación de conexións de alta velocidade: o 65,2% dos fogares conta con conexións superiores aos 100 Mbps, fronte ao 30% de 2021; e un 86,3% dos fogares dispón de internet de máis de 30Mbps.

Dispositivos dixitais e uso

O dispositivo electrónico máis estendido entre os galegos é o teléfono móbil con capacidade de acceso a Internet (smartphone). O 95,7% da poboación galega emprega unsmartphone. O seu uso é universal nas persoas de 16 a 44 anos, mentres que entre as persoas maiores de 65 anos sitúase no 83,4%.

Ademais, o 80,7% dos fogares dispoñen dun ordenador de sobremesa, portátil ou tablet, destacando o portátil como tipo de ordenador máis común (60,8%). As televisións intelixentes xa están presentes no 59,1% das vivendas, o que supón un incremento do 6,7% respecto a 2023 e dun 35,2% desde 2021. Tamén aumenta a presenza de altofalantes dixitais nos fogares, que xa se sitúa no 16,5%, un 6,5% máis que o ano anterior.

As actividades dixitais máis frecuentes inclúen:

  • a busca de información sobre bens e servizos (92,6%)
  • as videoconferencias (92,6%)
  • a lectura de noticias en liña (85,5%)
  • o uso da banca electrónica (81,6%)

Compras, administración electrónica e ciberseguridade

O 67,4% da poboación galega mercou por Internet en 2024, cun incremento do 5,5% no último ano. Así mesmo, o uso da administración electrónica en Galicia tamén continúa medrando e xa a empregan o 86,6% dos internautas. En canto á ciberseguridade, o 17% dos galegos declarou ter sufrido algún incidente no último ano.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.