Comarcas

O Concello do Porriño resolve as primeiras axudas para rehabilitar vivendas en Torneiros

O Goberno local adxudicou o 90% dos fondos dispoñibles

O Concello do Porriño vén de resolver as primeiras solicitudes presentadas ao abeiro da convocatoria de axudas en materia de rehabilitación residencial e vivenda social na contorna residencial de rehabilitación programada (ERRP) de Torneiros, financiada a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Deste xeito, dos 872.425€ dispoñibles para a rehabilitación de vivendas, xa se teñen adxudicado un
total de 781.754€
, o que supón case o 90% dos fondos da liña de axuda. As actuacións aprobadas
permitirán obter unha mellora superior ao 60% no aforro enerxético, o que implica que se subvencione o
80% do custe total das obras, segundo os criterios establecidos nas bases da convocatoria.

Urbanización e mellora da contorna

Ademais das axudas a particulares e comunidades, o Concello do Porriño tamén investirá en torno a
100.000€ para a urbanización e mellora da contorna, actuación que se suma ás intervencións xa en
marcha co obxectivo de humanizar e revitalizar o barrio de Torneiros.

Este avance forma parte dun proxecto global de rehabilitación, impulsado polo Goberno local, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética, a calidade de vida da veciñanza e a cohesión social nun dos principais núcleos residenciais do municipio.

Despois de moitos anos sen ningún tipo de actuación, recentemente estanse a executar diversas intervencións como esta liña de axudas á rehabilitación de vivendas e un ambicioso plan de mellora da
rede viaria municipal,
que inclúe obras de renovación de pavimento, mellora do drenaxe, beirarrúas,
sinalización e zonas de estacionamento
en diferentes camiños da parroquia, co obxectivo de revitalizar a contorna e responder ás demandas históricas da veciñanza.

“Esta resolución representa un paso adiante moi relevante nun proxecto transformador para Torneiros.
Seguiremos traballando para captar máis fondos e ampliar o alcance das actuacións
”, destaca o alcalde,
Alejandro Lorenzo.


Tamén en vigoalminuto


Axudas

O prazo para solicitar estas axudas continúa aberto ata o 31 de xaneiro de 2026, polo que dende o
Concello anímase á veciñanza a informarse, a beneficiarse desta oportunidade histórica de mellora das
súas vivendas e da contorna, e ponse á disposición de todas as comunidades de veciños os servizos
técnicos e xurídicos municipais, así como a Oficina de Vivenda.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.