O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de anunciar a adxudicación do plan de viabilidade para o proxecto de construción dunha vía verde entre Pontevedra e Redondela, polos treitos en desuso da antiga vía do tren á Fundación dos Ferrocarrís Españoles, unha entidade de referencia a nivel nacional na reconversión de antigos trazados ferroviarios en sendas peonís.
“Seguimos traballando no proxecto e aproveitando a oportunidade que se nos abre, toda vez que o Ministerio de Transportes, a través do Adif, amosou a súa disposición a ceder as vías deste treito”, afirma López.
Tamén en vigoalminuto
- Caballero propone, por séptima vez, que Xunta y Diputación paguen a las compañías aéreas para que vuelen desde Peinador
- Desde octubre, dormir en la ciudad le costará a cada turista 1,09€, de media
- Eiras abastecerá a Baiona desde este lunes, ante sus problemas de suministro
- Buscan a una perra que escapó en Navia
- Los sueldos suben en Vigo, pero la vivienda corre mucho más: cada vez cuesta más vivir de una nómina
- Vigo se rinde al balonmano: el Barça conquista su quinta Supercopa Ibérica y el Rocasa reina en el IFEVI
Proxecto para unir Vigo e Vilagarcía por unha senda peonil e ciclista
Esta Fundación asume o encargo para realizar un estudo que analizará cuestións fundamentais para a execución do proxecto como o estado actual da vía, as alternativas de trazado e un deseño preliminar, a dispoñibilidade xurídica do trazado proposto, os servizos complementarios e a potencialidade da vía en canto a patrimonio cultural e entorno natural.
A adxudicación deste proxecto supón un novo paso adianta no «impulso dun proxecto que é estratéxico para a provincia» que ten como obxectivo final unir as cidades de Vigo e Vilagarcía cunha senda peonil e verde polo antigo trazado da vía do tren.






