Centos de veciñas e veciños acudiron este sábado a convocatoria das asociación veciñais das parroquias viguesas de San Miguel de Oia e de Coruxo, máis as organizacións ecoloxistas Ecoloxistas en Acción e Greenpeace para reclamar a recuperación da illa de Toralla como espazo público. Parte dos manifestantes chegaron á illa andando pola ponte de acceso desde a praia do Vao e outra parte en embarcacións desde o peirao de Canido.
Ao arribar a orilla da illa de Toralla as manifestantes despregaron unha pancarta de vinte metros de longo na que se podía ler “Únete á reconquista de Toralla”, un convite á cidadanía viguesa para que reclame a illa para a cidade. Seguidamente, voceiros das asociacións veciñais leron un manifesto e colocouse unha bandeira de Vigo para simbolizar a Reconquista.
“Pedimos ao Alcalde que se posicione claramente a prol da recuperación da illa de Toralla para o pobo de Vigo e que emprenda accións legais para poder acceder ao interior da illa, ademais do acceso ao litoral“, declarau a voceira ecoloxista mentres clavaba a bandeira de Vigo na area de Toralla.
Más de 10 hectáreas
Cunha superficie de algo máis de 10 hectáreas, “a illa de Toralla foi obxecto dunha absoluta especulación urbanística dende a década de 1960, en base a intereses empresariais privados. Un claro exemplo da cultura do pelotazo. Nese tempo comezouse a urbanizar a Illa. Fíxose a ponte e ao comezo desta púxose un valo e un vixiante que só permitía o seu paso a propietarios ou persoas autorizadas. A urbanización do illote continuou, destacando o horrible edificio de 21 pisos e 70 metros de altura que se pode ver dende calquera punto da ría. A Lei de Costas 22/1988, do 26 de xullo, establece límites que nunca se cumpriron. Despois viría a modificación coa Lei 2/2013, do 29 de maio, de protección e uso sostible do litoral, que segue sen cumprirse e a Illa de Toralla permanece restrinxida ao paso público“.
“Unha barreira e un vixiante ao final da ponte impiden hoxe o acceso de vehículos e peóns ao interior da illa de Toralla. A decisión parte dos privilexiados propietarios da trintena de chalets que existen na illa e que non superan os 170 veciños e veciñas e da vista gorda das autoridades. Unha prohibición sen sustento legal. Asemade, as ampliacións realizadas por algúns dos seus habitantes nos seus terreos e propiedades, ocupando parte do bordo litoral, impiden o paso de persoas”.
Tamén en vigoalminuto
- Centos de participantes na Festa da Bici en Mos
- As rúas do casco histórico de Redondela soportan máis de 2.500 vehículos ao día
- O Concello de Covelo anuncia a apertura a Piscina Municipal
- O presidente da Deputación anuncia a adxudicación do plan de viabilidade da vía verde entre Pontevedra e Redondela
- Chaman á ‘reconquista’ de Toralla, “por terra, mar e aire”
- A la cárcel el individuo detenido en Vialia por presunta agresión sexual a un menor
Non se cumpre a servidume de tránsito
Por iso, denuncian, veciñanza e ecoloxistas, que a servidume de tránsito non se cumpre na Illa de Toralla. Tampouco a servidume de acceso ao mar que se establece en varios puntos ao longo da costa para garantir o acceso público e de balde ao mar.
A lexislación vixente recolle que calquera persoa pode chegar ata a ribeira do mar a pé. Pero a realidade é que “aos visitantes só se lles permite acceder aos areais situados a ambos os dous lados da ponte”. A norma contempla restricións ás leiras limítrofes co dominio público marítimo-terrestre, para garantir o libre paso dos cidadáns e vehículos de vixilancia e salvamento. Ademais da zona que pertence ao dominio público, a lexislación sinala que o terreo inmediato á ribeira do mar que non é parte de dominio público tamén está afectado por unha serie de servidumes.
Recuperación o acceso ao litoral da illa
Veciñanza e ecoloxistas consideran unha boa nova o anuncio do Ministerio de que xa está en estudio realizar unha actuación para recuperar o acceso o litoral da illa. Pero lembran que en 2008 a concelleira Elena Espinosa, daquela ministra de Medio Ambiente, intentou infructuosamente a realización dunha senda peonil ao redor da illa. Por iso, lle piden que non se dea por vencida e que relance a “reconquista “ de Toralla desde o Concello de Vigo.
As organizacións veciñais e ecoloxistas sinalan que existen varios pronunciamentos por parte da Xustiza sobre o peche da Illa de Toralla. En outubro de 1997, o Tribunal Supremo rexeitaba o recurso presentado polos residentes particulares da illa que pedían a exclusividade do uso e goce da ponte e as súas praias. A sentenza deixaba claro que en base á Lei de Costas os propietarios deberían ceder para dominio público seis metros de terreo a partir da máxima pleamar rexistrada.
“En definitiva, estamos ante un longo problema de incumprimento legal en relación a dominio público marítimo-terrestre ao que debe poñérselle fin. É un espazo público pero que na práctica utilízase como reserva privada de forma ilegal”.