O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Vigo denunciou onte a “complicidade por inacción” do Goberno municipal ante a «operación ilegal de Uber na cidade, que leva sete días funcionando sen autorización«. O BNG reitera a esixencia de que o Concello aplique medidas urxentes, como a intervención da Policía Local, denuncias á Xunta e accións xudiciais para frear esta actividade e protexer o sector do taxi, regulado polo Concello.
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal nacionalista, criticou o “silencio irresponsábel” do alcalde Abel Caballero, que non respondeu ás demandas do BNG nas Comisións Informativas do pasado luns nin adoptou medidas para impedir que Uber opere nas rúas de Vigo. “Sete días despois de que Uber comezase a actuar de maneira pirata, o Goberno municipal non moveu un dedo”, reprochou o portavoz.
Por este motivo, o Bloque anunciou que vai solicitar a convocatoria urxente do Consello Sectorial de Transportes do Concello para analizar a situación e coordinar medidas que poñan fin a esta ilegalidade.
O BNG reitera a proposta de accións concretas: que a Policía Local identifique e inmobilice os vehículos de Uber que operan ilegalmente, que o Concello denuncie a situación ante a Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta, que se estuden accións xudiciais de urxencia e que se inicie a tramitación dunha ordenanza municipal para blindar Vigo contra a ameaza dos VTC.
Tamén en vigoalminuto
- La Xunta desaloja la Estación de Autobuses de Vialia y cierra el espacio donde dormían más de una docena de personas sin hogar
- La gran escalera de los Bomberos de Vigo ‘toma’ San Salvador para practicar un rescate en altura
- Vigo Porté abre este martes las inscripciones
- Vacuna de la gripe en Galicia 2026: fechas, quién puede vacunarse y qué cambia este año
- Tapiada por orden judicial una vivienda de la rúa Aragón, convertida en un punto de venta de droga
- Sánchez pide a Caballero que compense el “sablazo” de la basura con una rebaja de otros impuestos
Barra libre
“Non imos permitir que unha empresa transnacional opaca impoña a lei da selva na nosa cidade, prexudicando un sector regulado e esencial para Vigo. O Goberno de Caballero debe deixar de asubiar cruzado de brazos e actuar xa”, declarou Igrexas, denunciando que a inacción municipal favorece os intereses de grandes empresas privadas a custa da cidadanía e dos taxistas.
Nesta liña, o BNG reitera que o Concello ten as competencias e a responsabilidade de protexer un servizo público como o taxi, fronte a prácticas que promoven a precariedade laboral e a desregulación. “Xa abonda de barra libre para as multinacionais. Vigo merece un transporte público regulado e de calidade, non un modelo que só beneficia os intereses privados de Uber”, concluíu.






