O Concello de Salceda de Caselas reabriu este luns as piscinas municipais, unha nova celebrada con entusiasmo especialmente entre a mocidade, que poderá gozar destas instalación durante os meses centrais do período estival.
As piscinas abrirán ao público de luns a domingo en horario de 15.00 h a 21.00 h. mentres que as mañás de luns a venres estarán reservadas para os cursos de natación que darán comezo o 1 de xullo e que como cada verán se veñen desenvolvendo como actividade de aprendizaxe e lecer.
Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda, defende a “aposta do Goberno municipal por seguir a fomentar as instalación e servizos dirixidos á poboación máis nova, con especial atención á infancia e xuventude”, lembrando que “Salceda segue a ser un dos concellos coa media de idade máis baixa de Galicia e coa taxa de crememento máis elevada”.
Tempada de verán
A nova tempada de verán comeza con novidades nas instalación trala recente execución da terceira e última fase de reforma das piscinas. Unha obra consistente na mellora das instalacións técnicas que abrangue un cambio no sistema de desinfección mediante a radiación ultravioleta, tamén dos filtros de area, mellora do sistema de desaugue e a conexión ao colector xeral de saneamento.
Unha obra que non altera estructuralmente a instalación, máis que supón unha grande mellora na eficiencia e seguridade do sistema de depuración e evacuación, e que supón o punto e final ás emisión directas ao río Landres, que mantiñan unha situación de risco ambiental e para a fauna acuática, ademáis de supoñer un importante aforro no consumo de cloro.
Tamén en vigoalminuto
- Exigen la paralización de la torre de control remota en Peinador “por riesgos de seguridad”
- El Concello ampliará el presupuesto en 6,1 millones para cinco obras de ‘gran calado’
- Salceda reabre as piscinas municipais de balde para os máis cativos
- Sanidade propón que persoal MIR de 4º ano preste asistencia en pediatría e medicina familiar, durante o verán
- O Goberno de Redondela pide responsabilidade á oposición para aprobar o pago dos gastos pendentes
- Abel Caballero asegura que 6,3 millones de personas visitaron Vigo la pasada Navidad
Plan +Provincia da Deputación
Esta obra, cun orzamento de 131.448,47€ está financiada con cargo ao Plan Extraordinario de Infraestructuras Deportivas e Plan +Provincia 2024, ambos da Deputación de Pontevedra. Logo da execución nos últimos anos das fases I –140.971,96€ e II 135.177,81€– de mellora, as piscinas municipais de Salceda están xa totalmente renovadas e cos sistemas máis modernos.
O goberno municipal optou por manter as tarifas actuáis para esta tempada 2025 nunha clara aposta pola mocidade local, onde a rapazada ata os 10 anos poderá acceder de xeito gratuíto.