No marco do ciclo ‘Velando pola nosa relación co mar. Os mares dannos vida’, impulsada po la Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), a catedrática de Zooloxía da Universidade de Vigo Elsa Vázquez, decana da facultade de Ciencias do Mar- que centra o seu labor investigador en facer do marisqueo unha actividade sostible- asegurou que os eventos climáticos extremos, como as vagas de calor ou as precipitacións torrenciais, están a ter un impacto crecente nas especies marisqueiras, especialmente nas que habitan na zona intermareal, como é o caso do berberecho e as ameixa fina, babosa e xaponesa.
“Existen rexistros documentados de episodios de elevada mortalidade en zonas das Rías Baixas asociados a fortes choivas dende o ano 2000, os cales se traduciron en perdas económicas significativas. Os efectos destes fenómenos non se limitan á mortalidade directa, senón que tamén inclúen consecuencias subletais como o incremento do gasto enerxético derivado da activación das respostas fisiolóxicas de defensa, que reduce o potencial de crecemento e a capacidade reprodutiva destas especies” -indicou a doutora Vázquez-.
Tamén en vigoalminuto
- La Xunta licita por más de 10,7 millones la construcción de 50 viviendas públicas en Navia
- Galicia é a comunidade do Estado onde peor se valora a Atención Primaria
- Las Rías Baixas consolidan el crecimiento del turismo extranjero con un 4% más de visitantes
- O BNG denuncia fallos na PassVigo que impiden a gratuidade do bus a menores de 15 anos
- Detenido en Vigo tras gastar con tres tarjetas robadas en la misma mañana
- Sánchez propone para Vigo un plan de vivienda de 64,3 millones
Condicionan xa a produtividade dos bancos marisqueiros galegos
Así, manifestou que “os efectos dos eventos extremos están a condicionar xa a produtividade dos bancos marisqueiros galegos e poñen en xaque a súa viabilidade«. Esta situación, «imposta polo cambio climático, representa un reto significativo para o sector», advirte a investigadora, quen entende que o sector «deberá adoptar medidas adaptativas como a monitorización de parámetros ambientais (temperatura, salinidade) nos bancos marisqueiros; o desenvolvemento de modelos de alerta temperá que apoien a toma de decisións; a mellora na recollida de datos sobre os stocks, distinguindo entre mortalidade natural e por extracción; a diversificación das especies explotadas para reducir riscos; e a protección efectiva dos hábitats fronte á contaminación e á presión humana».
Así mesmo, Elsa Vázque cré que «tamén resulta esencial a creación e xestión eficaz de reservas mariñas e outras figuras de protección, que poidan actuar como fontes de larvas”.







