O voceiro deo Partido Popular de Redondela, Javier Bas, lembra que este xoves remata o mes dende Cuestión de Confianza- que a alcaldesa, Digna Rivas, perdeu o apoio da maioría do Pleno- para propoñer un goberno alternativo e impedir que se aproben os orzamentos deste ano, rexeitados pola ampla maioría da Corporación.
Isto suporá, adianta o ex alcalde, que e o Concello vai ter orzamentos pero “seguirá sen ter goberno e ademais cunha situación moi agravada para atender aos redondeláns”.
A PSOE, BNG e AER “os redondeláns lle importan un pemento”
Bas cré que estes trinta días só serviron para que “siga medrando a xenreira entre PSOE, BNG e AER”, sen que se producise movemento algún para que se garanta a gobernabilidade de Redondela ata final do mandato, en maio de 2027. “Estes dous anos vanse facer moi longos para os veciños”, asegura o portavoz do PP e lamenta que PSOE, BNG e AER desaproveitasen este mes para falar entre eles para chegar a un acordo de goberno, “ou chegar, cando menos, a un pacto de medidas básicas para garantir certa xestión os vindeiros dous anos”.
Javier Bas subliña que o BNG, “que di estar tan enfrontado a Digna Rivas, puido facer algo, o que fora, para cambiar as cousas, AER tamén puido emprender negociacións xa que reclaman estabilidade política e económica e a alcaldesa tiña a obriga moral de tentar armar un tripartito, pero non fixeron absolutamente nada máis que insultarse e enfrontarse, o que demostra que os redondeláns lle importan un pemento, nun exercicio de irresponsabilidade tan grande que non son merecentes dos escaños
que ocupan no pleno de Redondela”.
O PP fará a oposición que manifestaron os veciños a este goberno
O ex alcalde engade que o PP “sabe perfectamente a posición que ocupa, na oposición ata dentro de dous anos, e só queremos que fagan algo para tentar salvar o mandato cunha mínima solvencia,
xa nin sequera pedimos grandes cousas, só uns servizos mínimos, aínda que Redondela merece moito máis”.
Iso sí, o grupo Popular, como o primeiro da Corporación, seguirá a levar a iniciativa, “como está a facer na práctica totalidade do mandato ante este desgoberno”, e está a elaborar un “plan de propostas de mínimos” que, de aceptarse, permitirá rematar o mandato ao executivo con certa estabilidade, aínda que amosou a súa desconfianza, xa que a PSOE, BNG e AER “só lle importa a súa lea e para nada, e
aos feitos nos remitimos, os redondeláns”.
Á vista desta situación, os populares intensificarán os seus contactos coa cidadanía, reiterando que están “totalmente a disposición dos veciños para que lles trasladen as súas necesidades, xa que a través nosa é como mellor poden chegar a bo porto”.

Alternativa
Pola súa banda, dende o Bloque Nacionalista Galego, rexeitan calquera tipo de achegamento ao Partido Popular e declaran que “iniciamos esta parte do mandato para presentarnos ante os e as redondelás como alternativa fiable e sen ataduras ao bipartidismo”.
“Excusas de mal perdedor”
Así, o seu portavoz, Xoán Carlos González, rexeita as declaracións de Javier Bas, calificandoas de “excusas de mal perdedor”, e considera que o ex alcalde vendeu a súa “sumisión e silencio”, como no caso da suba da factura de Sogama, o castigo da Xunta á confradía co peirao de Cesantes, o da mala situación dos centros de saúde de Redondela, ou que pida que sexa o Concello e non a Deputación o que pague a ampliación da Senda Verde.
“Chantaxe” de Digna Rivas
Así mesmo, González valora a cuestión de confianza presentada por Digna Rivas “como unha chantaxe para tentar amordazarnos e silenciarnos, mesmo nestas semanas chegou a expulsar do pleno á compañeira Jésica García”. Ademáis lembra os “incumplimentos do acordo de investidura” por parte de Rivas ou a negación e ocultación de propostas e iniciativas prantexadas polos nacionalistas.
Entre os incumplimentos da alcaldesa redondelá Xoán Carlos González salienta “a negativa a elaborar uns orzamentos dende a base con nós, negarse a estudiar propostas como o convenio de reconstrucción do campanario de Reboreda, o proxecto dunha senda peonil ao colexio Igrexa en Chapela ou dunha nova biblioteca para Redondela. Ocultounos a privatización de servizos como socorrismo, limpeza de praias ou de camiños. Non nos informou ata que xa se solicitara a subvención o proxecto da estrada de acceso ao colexio Porto Cabeiro”.
Por último, o voceiro nacionalista afirma que “cada día medra o número de veciños e veciñas que confían no traballo e proxecto do BNG de Redondela. Presentámonos como a única alternativa fiable ao bipartidismo que non tén proxecto, propostas ou solucións para o noso concello”.