O Concello do Porriño vén de incorporar trece persoas desempregadas que se integrarán en distintos departamentos municipais no marco da iniciativa de fomento do emprego local, impulsada pola Deputación de Pontevedra a través da Liña 3 do Plan máis Provincia 2025. Esta actuación forma parte dun proxecto global que contempla a creación de 18 postos de traballo cun investimento total superior aos 282.000€, dos cales máis de 211.000 euros son achegados pola Deputación.
Carpinteiro, palista, soldadador
As novas contratacións cobren perfís profesionais variados, todos eles orientados a reforzar os servizos públicos municipais. No departamento de obras incorporáronse un oficial de primeira carpinteiro, un soldador e un palista, que desenvolverán tarefas de mantemento e mellora en espazos públicos e instalacións municipais. No servizo de parques e xardíns, cinco peóns forestais encargaranse de labores de roza, limpeza e acondicionamento de zonas verdes e contornos naturais.
Tamén se reforzará a atención nas instalacións municipais coa incorporación de catro conserxes, que prestarán servizo en diferentes dependencias. Pola súa parte, a Unidade Asistencial de Drogodependencias contará cun auxiliar de enfermaría, que apoiará nas tarefas de seguimento e atención ás persoas usuarias.
Ademais en vigoalminuto
- Detenido el sexto fugitivo de la lista de “Los 10 más buscados”
- Los vigueses nos mojamos a lo grande: lluvia récord en sólo seis días
- Pacientes dan un sobresaliente a la atención en el Hospital de Día Oncohematológico del Cunqueiro
- Muere un hombre de 80 años atropellado por un coche en Cerdedo-Cotobade
- Este jueves puedes comer pizza gratis en Vigo (y no es una broma)
- Vigo se dispara: el precio de la vivienda nueva roza ya los 1.900 euros por metro cuadrado
«Apostar polas persoas»
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, subliñou que “cada posto que se crea abre unha porta a novas posibilidades. Sabemos que hai persoas que levan tempo buscando unha oportunidade, e este tipo de iniciativas serven precisamente para iso: para dar ese primeiro paso, para volver entrar no mundo laboral e sentirse útil. É unha das formas máis directas de apoiar ás persoas e, ao tempo, mellorar os servizos que prestamos desde o Concello”.

Estas contratacións permiten reforzar áreas esenciais da administración local e, ao mesmo tempo, facilitar a inserción laboral de veciños e veciñas que atopaban dificultades para acceder ao mercado de traballo.
Ademais, nos próximos días iniciarase o proceso de selección de varios perfís técnicos, que se incorporarán para apoiar outros departamentos municipais e continuar ampliando este impulso ao emprego local.






