Bronce mundial para Ángela Balado (+59, Mat´s) en Fujairah (Emiratos Árabes). A taekwondista galega logrou subir ao podio do Mundial Cadete despois de ter unha fantástica actuación, superando tres eliminatorias.
A deportista do Mat´s arrincou o campionato ante Mattar Mohammed (Arabia Saudí) e logrou a vitoria en dous asaltos, nun combate no que Ángela se sentiu moi cómoda, e que lle permitiu avanzar e coller confianza. Na segunda rolda enfrontouse a Vitoria Sassaki Ferreira (Brasil) e non foi un combate fácil, xa que se tivo que resolver en tres asaltos. A taekwondista galega destacou que a súa rival tiña moi boa perna, pero foi aprendendo a contrarrestala e sen dúbida, foi unha das rivais máis complicadas.
Nos cuartos de final, Balado loitou contra a grega Melina Georgi Kourelou, no que foi o combate máis sinxelo para a nosa deportista, a pesar de que a grega comezou mandando, pero Ángela remontou con facilidade aproveitando os ocos que deixaba a rival. A galega volveu vencer en dous asaltos para meterse na semifinal e garantir a medalla.
A semifinal foi ante a croata Loren Opacak, e nesta ocasión, Ángela non puido superala (2-0), aínda que a galega asegurou que estaba moi satisfeita porque «corrixín erros que a veces cometo e continuei traballando ata o final». Así, gran traballo e magnífica medalla de bronce nun Mundial.
Outras novas
- Vigo–Palma de Mallorca: Air Nostrum duplica vuelos en verano 2026 y sube a 800 plazas semanales
- «Altri Non» celebra a vitoria contra a macrocelulosa, pero advirte que aínda queda o golpe de graza
- Ecologistas piden no retirar las dunas que han enterrado el nuevo paseo de Samil
- Muere el golpista Tejero
- El Concello intensifica la reparación de calles
- El papa León XIV visitará España en junio: ¿pasará también por O Porriño?
Pola súa banda, a galega Arianna Deibe (-51, Kwon Betanzos) competiu o luns e caeu na segunda rolda do Mundial Cadete. Venceu no primeiro combate á representante de Xordania e perdeu no segundo ante Portugal.
O Mundial Cadete remata para os representantes galegos este mércores, coa participación de Dani Abeijón (-41, Natural).






