Un vehículo con dúas persoas avanzou en liña recta por unha rotonda e acabou envorcado nun aparcamento. Como consecuencia do golpe, que se produciu na estrada EP-4006, en Lira, en Salvaterra e os dous ocupantes resultaron feridos, un deles de gravidade.
Así o explicaron os membros do GES-Bombeiros de Ponteareas tras intervir neste accidente, no que parecía necesaria a excarceración. Sen embargo, á chegada do equipo de emerxencia, comprobaron que as dúas persoas estaban fóra do coche e necesitaban asistencia médica debido ás lesións ocasionadas polo impacto.
Deste xeito, unha vez recibida a primeira chamada de alerta sobre o sinistro no 112 Galicia, pasadas as 23:00h. deste domingo, activáronse os protocolos correspondentes para que fosen mobilizados recursos de salvamento, asistencia médica e seguridade. Por iso, acudiron os membros do GES-Bombeiros de Ponteareas e Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como os axentes da Garda Civil de Tráfico.
Tamén en vigoalminuto
- La Xunta desaloja la Estación de Autobuses de Vialia y cierra el espacio donde dormían más de una docena de personas sin hogarLa Policía Nacional ha precintado el lugar
- La gran escalera de los Bomberos de Vigo ‘toma’ San Salvador para practicar un rescate en alturaEl ejercicio se suma al realizado el lunes en el puerto, donde los efectivos practicaron intervenciones ante emergencias industriales y en buques mercantes
- Vigo Porté abre este martes las inscripcionesEl festival internacional de danza reunirá a bailarines y escuelas del 15 al 18 de abril en el Mar de Vigo
- Vacuna de la gripe en Galicia 2026: fechas, quién puede vacunarse y qué cambia este añoSanidade amplía a toda la población de 65 años o más la vacuna antigripal reforzada
- Tapiada por orden judicial una vivienda de la rúa Aragón, convertida en un punto de venta de drogaLa Policía detuvo a un hombre tras registrar el inmueble, donde encontró sustancias estupefacientes. El arrestado ingresó en prisión
- Sánchez pide a Caballero que compense el “sablazo” de la basura con una rebaja de otros impuestosEl recibo del lixo llegó a subir hasta un 47% en 2025
Tamén un condutor menor de idade
Un condutor de 17 anos de idade viuse implicado nun accidente de tráfico e acabou impactando contra a proteccion da autovía A-57, cando fuxía dun control de alcol e drogas. O sinistro ocorreu pasadas as 7 da mañá do domingo, no termo municipal de Vilaboa.
A intención do condutor, segundo os primeiros datos, era fuxir poque non tiña carné de conducir e para evitar qu o identificasen nun control, xa que circulaba a velocidade elevada. Por iso, o coche saíu da vía pola marxe dereita e chocou frontalmente contra a protección.






