50 alumnas e alumnos de segundo curso da Escola Universitaria de Enfermaría Meixoeiro-Vigo comezaron as súas prácticas clínicas nos Hospitais Álvaro Cunqueiro e Meixoeiro. Do total do alumnado, 41 son mulleres e 9 homes, destinándose un total de 39 ao Hospital Álvaro Cunqueiro e as 11 persoas restantes ao Meixoeiro.
Estas prácticas, que comezan no segundo ano da súa formación, as realizarán en unidades de hospitalización de adultos, debendo completar ao longo dos catro cursos da carreira un total de 1.950 horas de prácticas asistenciais en diferentes ámbitos de atención especializada: dende Primaria ata unidades de hospitalización e de pacientes críticos.
Ademais en vigoalminuto
- Muere a los 86 años Chuck Norris, leyenda mundial del karate y del cine de acción
- ¿Quieres participar en el rodaje de “Lobo”, la nueva producción de época de Netflix?
- Ya funciona el nuevo ascensor entre Romil e Hispanidad
- Arranca la Reconquista de Vigo
- Una psiquiatra del Álvaro Cunqueiro concluye que la IA acierta en 8 de cada 10 casos de riesgo suicida
- La Policía Nacional incauta cocaína y más de 4.900€ en Bouzas, durante un operativo contra el menudeo
Práctica clínica
A práctica clínica é unha compoñente esencial do proceso de ensino e aprendizaxe da enfermaría, axudando a desenvolver, tanto aplicación práctica dos seus coñecementos teóricos e habilidades, como o fomento do traballo en equipo, comunicación e resolución de problemas, que achega ao alumnado competencias necesarias para o desenvolvemento do seu traballo futuro.
Cada unha das unidades e centros asistenciais da Área Sanitaria de Vigo nos que o alumnado realiza as prácticas avalía as súas competencias, o que é integrado no seu currículo e forma parte da súa cualificación final.
A Escola Universitaria de Enfermaría Meixoeiro-Vigo está adscrita á Universidade de Vigo e depende da Consellería de Sanidade.






