A comunidade deportiva de Salceda de Caselas segue medrando a un ritmo imparable, impulsada polo esforzo constante dos clubs locais, coa axuda do Concello. Porén, esta expansión choca cunha realidade preocupante: a insuficiencia de espazos deportivos dispoñibles para dar cabida a todos os seus usuarios.
Un pabillón municipal para 600 deportistas
Actualmente, máis de 600 deportistas deben compartir un único pavillón de titularidade municipal, dispoñible a tempo completo, e outros dous propiedade da Comunidade de Montes de Entenza e do IES Pedras Rubias da Xunta de Galicia, dos que se pode facer uso parcial para adestramentos.
Isto que provoca graves problemas de xestión horaria e os equipos vénse obrigados a adestrar simultaneamente na mesma pista, con ata catro conxuntos compartindo espazo, ademais de atopar dificultades para organizar os encontros de cada xornada.
Recollida de sinaturas
Ante esta situación, os clubs deportivos de Salceda, decidiron tomar medidas e iniciar unha campaña de recollida de sinaturas. O obxectivo é presentar esta demanda ante a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra, xunto cunha solicitude de reunión para expor a magnitude do problema e buscar financiación para unha solución efectiva.
Tamén en vigoalminuto
- Nueva jornada de huelga en Renfe este miércoles: estos son los trenes que podrían verse afectados
- El BNG exige un plan de inspección para controlar los pisos turísticos
- Caballero eleva ahora su reclamación a 250 millones para Vigo, a la Diputación
- Un hombre sobrevive a una parada cardiorrespiratoria en Bouzas, gracias a la rápida intervención de policías y sanitarios
- La humanidad agotará el 30 de julio los recursos de todo un año y viviremos cinco meses “a crédito” de la Tierra
- Vigo busca trabajadores: estas son las últimas ofertas de empleo con vacantes activas
Plan Extraordinario 2025 da Deputación
Na reunión celebrada o 26 de febreiro, o Concello de Salceda de Caselas comprometeuse a solicitar o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas 2025 da Deputación de Pontevedra, dotado con 875.000€ co obxectivo de destinar estes fondos ao proxecto do novo pavillón, esencial para atender a crecente demanda deportiva da vila.
Campaña en Change.org
Os diferentes Clubs que subscriben esta nota van da man do Concello na solicitude de colaboración as diferentes administracións. Un novo pabillón ten un custe moi elevado -proxecto valorado en 1.900.000€- e o Concello non o pode asumir por si só.
De aí que «dende os clubs deportivos apelamos á colaboración da cidadanía para apoiar esta iniciativa. Animamos a todas as persoas a asinar a campaña en Change.org porunnovopavillonparasalceda a través da ligazón dispoñible e a compartila nas súas redes sociais, familiares e amizades».






