Comarcas

O Concello de Tui lanza unha campaña especial por San Valentín

Con “Tui, meu amor” aposta por eventos inmersivos para toda a familia

O Concello lanza unha campaña especial por San Valentín

O Concello de Tui presenta a campaña «Tui, Meu Amor» con motivo de San Valentín, que converterá a Praza da Inmaculada nun escenario perfecto para vivir unha «experiencia chea de encanto onde a esencia bohemia de París se fusiona co encanto da cidade».

Gastronomía francesa

A celebración ofrecerá unha experiencia única con gastronomía francesa, música instrumental e unha atmosfera máxica que, máis alá do amor romántico, invita a celebrar o amor en todas as súas formas, gozando dos pequenos praceres e da beleza do día a día.

Música en directo, recunchos con encanto, experiencias sensoriais e a maxia de Tui transportaranos a un Montmartre tudense cheo de inspiración. O evento levarase a cabo este venres 14 de febreiro, de 17 a 20 h, e este sábado 15 de febreiro, de 12 a 14 h e de 16 a 20 h. Durante estes dous días, as persoas asistentes poderán gozar dunha experiencia única nun espazo creado para a ocasión; saborear unha taza de café quente ao son da música, descubrir novos sabores, perderse no encanto da lectura, sacarse unha fotografía á antiga usanza, regalarse un tempo para gozar do momento ou participar nun obradoiro de pintura ao aire libre.


Otras noticias


Obradoiro de pintura, música, photocall

En concreto, o sábado de 12 a 14 h celebrarase un obradoiro de Acuarela Urbana, destinado a persoas maiores de 10 anos interesadas na arte e en aprender a pintar en acuarela ao aire libre. Non é precisa inscrición previa.

Amais, de 17 a 20 h as persoas que acudan a este evento poderán deleitarse coa música do saxofonista Marcos Sabor.

Como broche final, quen o desexe poderán inmortalizar o momento no muro “do amor”, un espazo para o photocall inspirado no famoso muro dos “Je t’aime» de Montmartre, onde poderán deixar as súas mensaxes de amor e amizade.

“Tui, meu amor” convértese nunha oportunidade perfecta para que tudenses e visitantes gocen dun anaco de París sen saír de Galicia, creando recordos inesquecibles nunha das datas máis especiais do ano.

Eventos inmersivos para toda a familia

O Concello de Tui segue apostando por eventos singulares que convidan a visitar a cidade e gozar dun ambiente divertido, familiar e cheo de maxia. Despois do éxito de O Máxico Taller de Papá Noel, Tui volve sorprender a súa cidadanía e aos visitantes cunha proposta diferente, orixinal e inmersiva, que fará deste San Valentín unha experiencia única na cidade.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.