Rematan as obras de saneamento no barrio de Outeiro, na parroquia de Pontellas, onde se está a acometer a nova rede de recollida de augas residuais. A obra, que abarca 1 quilómetro de nova rede, permitirá conectar un total de 25 vivendas, beneficiando directamente a preto de 100 veciños da zona.

Este proxecto de ampliación da rede de saneamento ten como obxectivo «optimizar as condicións de vida no barrio de Outeiro, garantindo un servizo eficiente e sostible para a veciñanza«. A nova rede conectarase coa infraestrutura xa existente, o que permitirá unha integración total do barrio no sistema xeral de saneamento do Consorcio.
Ademais en vigoalminuto
- La Policía Local detiene a un hombre tras sorprenderlo agrediendo a su pareja en plena calle

- Hallan muerto en Moaña a Alfonso Santos Pereira, desaparecido desde el jueves

- O pequeno caramuxo das Cíes que está a revelar os segredos da evolución

- Lluvia el sábado y sol el domingo: así será el tiempo en Vigo

- El Concello compra dos pisos para ponerlos en alquiler

- 30 gramos de heroína, cocaína, hachís y 1.000€: desmantelado un punto de droga en la rúa Aragón

160.000 euros
O proxecto foi levado a cabo polo Consorcio de Augas do Louro, cun investimento de 160.000 euros, no marco dun compromiso máis amplo do executivo local por «mellorar os servizos públicos e avanzar cara a unha conexión integral de todo o municipio á rede de saneamento».
Así, o alcalde, Alejandro Lorenzo, salienta a importancia desta obra, “trátase dun dereito básico para todos os nosos veciños, e desde o goberno local seguimos traballando para garantir que todo o municipio conte el. Esta actuación no barrio de Outeiro é só un paso máis cara á completa integración de todas as vivendas do Porriño na rede de saneamento”.
