O Goberno vén de confirmar que adoptará todas as “medidas que sexan necesarias para que a Illa de Toralla sexa de accesibilidade pública” tal e como está co contemplado na normativa de Costas. A senadora do BNG, Carme da Silva, felicita este acordo co executivo e sinala que estarán vixiantes para que se cumpra a lei de costas e que a veciñanza poida visitar a illa cando queira.
Da Silva lembra a loita veciñal destes últimos anos e agradece que nunca se renderan: “a boa nova de hoxe tamén é grazas ao traballo incansábel das veciñas e veciños de San Miguel de Oiga e dos diversos colectivos vigueses”.
Libre circulación pola illa…
Co obxectivo de conseguir que se permita a libre circulación da cidadanía pola Illa de Toralla e «garantir un dereito fundamental da veciñanza«, o BNG desenvolveu o seu traballo nos últimos tempos. Durante os mesmos, sinala a organización nacionalista, «as diferentes administracións -Concello, Xunta e Estado- miraron cara a outro lado» e desoíron as reclamacións da veciñanza que demandaba o acceso libre á Illa de Toralla.
“O BNG consegue o compromiso do Goberno do Estado para garantir a accesibilidade pública da illa. O Ministerio para a Transición Ecolóxica, no concreto, vai adoptar as medidas necesarias para que a Illa de Toralla sexa de accesibilidade pública, tal e como está contemplado na normativa de Costas” sinala a senadora do BNG, Carme da Silva.
…na zona de servidume de protección, de tránsito e no de acceso ao mar
Así mesmo, segundo puido coñecer a senadora nacionalista, a Dirección Xeral da Costa e o Mar “é consciente das limitacións existentes na actualidade” e avanza “que está a traballar nunha solución para revertelas”. Carme da Silva, que defendeu garantir o tránsito público na zona de servidume de protección, de tránsito e nas de acceso ao mar, logrou a atención da Dirección Xeral e esta comprometeuse a traballar na habilitación da servidume de tránsito e telo como un obxectivo presente.
Tamén en vigoalminuto
- Ecologistas piden no retirar las dunas que han enterrado el nuevo paseo de Samil

- Muere el golpista Tejero

- El Concello intensifica la reparación de calles

- El papa León XIV visitará España en junio: ¿pasará también por O Porriño?

- Yolanda Díaz anuncia que no será candidata en las elecciones generales de 2027

- Luisa Sánchez desafía al Gobierno local y propone soluciones para vivienda, barrios e infraestructuras

Débeda histótica coa cidade
Pola súa banda, o portavoz municipal do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, reivindicou o acceso público á illa de Toralla como unha débeda histórica coa cidade “As viguesas e vigueses non podemos aceptar que continúe a ser o couto VIP duns poucos, incumprindo a lei no relativo ao dominio público marítimo-terrestre”, defendeu, trasladando o apoio da fronte nacionalista ás mobilizacións veciñais e ecoloxistas das últimas semanas.

Igrexas asegurou que o Bloque vai continuar exercendo presión para o que Goberno cumpra con este compromiso de recuperar Toralla como espazo público e abra a senda peonil aprobada no ano 2008. “Que continúe a ser unha illa privatizada é responsabilidade dos sucesivos gobernos do Estado, coa complicidade do Goberno municipal e da Xunta de Galiza”, afeou.
Precisamente esta semana, no último Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, Igrexas interpelou o Goberno municipal a respeito de que actuacións ten emprendido ou vai emprender para facer cumprir a lei e que se permita o tránsito público na Illa de Toralla. Cuestión que «non recibiu ningunha resposta por parte do executivo de Abel Caballero».

