Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena fusilado polo franquismo hai hoxe 49 anos, remitiu onte unha carta ao Presidente do Goberno de España Pedro Sánchez, á Vicepresidenta Segunda Yolanda Díaz e ao Ministro de Política Territorial e Memoria Democrática no que lles pediu unha declaración e unha desculpa oficial que restableza a dignidade, a reputación e os dereitos do seu irmán. Así mesmo pide o recoñecemento dos feitos e a aceptación de responsabilidades, tal como establecen as normas internacionais.
«Decidín solicitar a Declaración de Recoñecemento e Reparación Persoal prevista na Lei de Memoria Democrática de 2022, que menciona a nulidade dos procesos xudiciais para facilitar que o Goberno de España repare ao meu irmán«, declarou Flor Baena.
Outras novas en vigoalminuto
- Nueva jornada de huelga en Renfe este miércoles: estos son los trenes que podrían verse afectados

- El BNG exige un plan de inspección para controlar los pisos turísticos

- Caballero eleva ahora su reclamación a 250 millones para Vigo, a la Diputación

- Un hombre sobrevive a una parada cardiorrespiratoria en Bouzas, gracias a la rápida intervención de policías y sanitarios

- La humanidad agotará el 30 de julio los recursos de todo un año y viviremos cinco meses “a crédito” de la Tierra

- Vigo busca trabajadores: estas son las últimas ofertas de empleo con vacantes activas

Homenaxe este venres en Pereiró
Amnistía Internacional (AI) participará na homenaxe que a familia e as amizades de Baena organizan no cemiterio vigués de Pereiró hoxe venres 27 de setembro ás 18.00 h. Xosé Humberto Baena e José Luis Sánchez Bravo, ambos os dous vigueses, foron executados na última etapa da ditadura franquista, logo de seren sometidos a xuízos inxustos.
«Amnistía Internacional valora positivamente a Lei de Memoria Democrática de 2022 que supón unha mellora respecto da ‘Lei de Memoria Histórica’ de 2007«, sinalou Isabel Flores, Coordinadora de Amnistía Internacional Vigo, que destacou que «a lei inclúe medidas importantes e necesarias como recoñecer a responsabilidade do Estado respecto das tarefas de procura, exhumación e identificación de persoas vítimas de desaparición forzada, así como a restitución dos seus restos ás familias, un labor que leva recaendo durante décadas nos propios familiares e asociacións privadas e a declaración de nulidade das sentenzas ditadas no marco de procedementos inxustos durante a Guerra Civil e o réxime franquista«.
«Con todo, lamentamos que a Lei non garanta o acceso a xustiza das vítimas porque non elimina os obstáculos á investigación xudicial dos crimes de dereito internacional cometidos en España no pasado, algo que recomendou Nacións Unidas en numerosos informes desde 2008, ao sinalar a necesidade de privar de efectos á Lei de Amnistía de 1977 de forma que non poida ser aplicada polos tribunais españois para impedir o axuizamento destes crimes«.
En xullo de 2023, o Comité Contra a Tortura da ONU pediu a derrogación e casos de torturas. O pasado 10 de setembro produciuse o arquivo da querela por torturas a Julio Pacheco en agosto de 1975, que un ano antes declarara ante un xulgado. En setembro pasado, a Fiscalía de Memoria Democrática se amosou a prol da admisión da querela por torturas do franquismo do sindicalista Carles Vallejo.
