O Concello de Nigrán ofrece este xoves 19, ás 11:00 horas unha visita guiada ao bosque fósil da praia de Patos ao rexistrarse a esta hora unha baixamar de record que permitirá a mellor observación posible dos próximos 20 anos. Estará guiada por Amigos da Terra, terá unha duración de 50 minutos, e as persoas interesadas tan só teñen que presentarse á hora mencionada no aparcadoiro das escolas de surf.
«Ímos coñecer parte da nosa historia máis descoñecida, Patos non só é unha praia espectacular, se non que conta co bosque fósil máis importante de toda a provincia de Pontevedra«, explica o alcalde, Juan González.
Tamén en vigoalminuto
- Luisa Sánchez pide a Caballero que baje los impuestos tras tres años de subidas y 150 millones sin gastar

- La Xunta autoriza al Concello a ocupar 21.000 m2 de O Vao para recuperar playa y dunas

- Conxemar dona 5.000 kilos al Banco de Alimentos, un 45% más que en 2025

Así, moitas das rochas desta praia son realmente árbores petrificadas de hai entre 5.000 e 10.000 anos, cando a liña do mar estaba máis afastaba e se podía ir camiñando desde Cabo Home a Cíes. Toda esta zona estaba constituída por un bosque que, grazas á falta de oxíxeno e salinidade, permitíu que se fosilizase, polo que estas rochas teñen a simple vista apariencia de grandes troncos.
«Esta marea baixa permitirá que poidamos observar en condicións excepcionais algunhas destas árbores, non haberá un momento igual nos vindeiros 20 anos», garante Antón Lois, educador ambiental de Amigos da Terra.
