Comarcas

Xa funciona o autobus para ir a Praia América dende O Porriño

Con saídas diarias y a un prezo de 1,55€, ou 0,45€, coa tarxeta metropolitana

Xa funciona o autobus para ir a Praia América dende O Porriño

Dende o pasado luns, xa funciona a liña de autobús que conecta O Porriño (dende a Avenida de Galicia) e Praia América (Rotonda de Rans). Como en anos anteriores a liña é de frecuencia diaria, incluíndo laborais e festivos.

Así, o horario de saída será ás 15:00h desde a parada de autobuses do Porriño e a volta ás 20:30h dende a rotonda de Rans, en Nigrán.  A viaxe será directa pola autopista.

O custe do servizo é de 1,55€ por viaxe, rebaixado a 0,45€ para quen conte coa tarxeta metropolitana. Para as persoas maiores de 65 anos e as que dispoñan da Tarxeta Xente Nova a viaxe é gratuíta.

Porrigalia

Así mesmo, a Concellería de Festexos vén de publicar as bases que establecen os requisitos, pautas e condicionantes que se deberán cumprir para a instalación de postos de venda, casetas, tómbolas e atraccións en Porrigalia 24.

Tamén poderán optar aos postos de venda ou casetas as ANPAS dos centros educacionais do Porriño, as asociacións veciñais e culturais do municipio, asociacións deportivas do Porriño e asociacións protectoras de animais. 

As condicións e toda a documentación necesaria para formalizar a inscrición pode consultarse e/ou descargarse en na ligazón https://porrigalia.org/inscricions-2024/ .

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.