Vigo al minuto

O buses de excursións da terceira idade «que traen tanta xente como os cruceiros» aparcarán no centro

Terceira Idade/Tresyuno Comunicación“Os excursionistas da terceira idade que veñen a Vigo son tantos coma os cruceristas que chegan ao Porto”, ese é o motivo polo cal o alcalde anunciou hoxe que o Concello traballa xa en dúas alternativas para acadar máis aparcamentos no centro da cidade para autobuses de excursionistas e para dar ter fluidez nos transbordos destes pasaxeiros.

Este foi o compromiso que asumiu cos hostaleiros que anunciaron a Abel Caballero que Vigo acollerá a asamblea de Hosteleiros de Galicia o cal supón «un paso máis de Vigo como sede de Congresos» que abrirá unha nova etapa coa inauguración do Auditorio de Beiramar.

Abel Caballero aseguróu durante a inauguración da rúa Vilagarcía, na que investironse 840.000 €, que dotará á mesma dun novo parque infantil e que colocará, “a petición dos veciños”, unha ducia de bancos máis. Esta obra, a xuizo do alcalde, segue “a tónica de humanizacións que se pode decir que xa é integral” e que seguirá por Mestre Montes, Couto de San Honorato e Oporto, rúas nas que se investirán preto de 1,2 millóns de euros.

O alcalde tamén indicou que o Concello fíxose cargo do derrubo do edificio da Rúa Real, que comprometía o paso da do Cristo e indicou que o mesmo estase facendo con especial coidado xa que trátase dunha edificación a conservar. De calquera xeito, Caballero garantiu que a zona estará en perfecto orde e con total seguridade para os milleiros de persoas que asistirán á procesión o primeiro domingo de agosto.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.