Galicia

A CUT reivindica o ‘sindicalismo combativo’ na súa convocatoria para o 1º de Maio

Sairá en manifestación en Vigo, ás 11;00h. dende a Praza de Fernando o Católico

A CUT reivindica o 'sindicalismo combativo' na súa convocatoria para o 1º de Maio

A Central Unitaria de Traballadoras volve saír ás rúas o 1º de maio, Día Internacional da Clase Traballadora, como vén facendo dende o seu nacemento en 1999, este ano baixo o lema «25 anos sen renunciar á historia».

Vintecinco anos de «sindicalismo combativo» na «defensa dos dereitos da clase obreira», que este mércores percorrerá as rúas de A Coruña, Compostela, Ourense e Vigo nas seguintes convocatorias:

  • Vigo 11h. Praza Fernando o Católico
  • Ourense 12:30 h. Ponte Romana
  • Coruña 12:30 h. Praza de Pontevedra
  • Compostela 12:30 h. Praza 8 de marzo

En Vigo a manifestación partirá ás 11:00h da praza de Fernando o Católico nunha manifestación conxunta coa CGT e o Sindicato Ferroviario para rematar o percorrido na Porta do Sol.

«A clase traballadora non é unha suma de egos, senón un “eu” colectivo»

No seu manifesto a CUT subliña que «o 1º de maio é unha data que debemos recuperar na súa esencia, unha data que require reivindicar – dende a conciencia de clase- a nosa dignidade e os nosos dereitos; unha data na que o sindicalismo combativo ten que mostrar nas rúas que existe, porque só así somos quen de transformar a realidade social. A nosa proposta é a construción do individual dentro do colectivo, a clase traballadora non é unha suma de egos, senón un “eu” colectivo: somos eu porque somos nós.

Continúa asegurando que «se é o facho que guiou á CUT dende o seu nacemento hai xa vinte cinco anos, o facho que pretende manter aceso nas difíciles circunstancias que hoxe estamos a vivir«.

Nin o Estado nin a Xunta

Para Central Unitaria de Traballadores, «nin o estado español nin a Xunta de Galicia van solucionar os nosos problemas, tanto ten onde deleguemos hoxe o noso voto porque non hai quen represente ao pobo. O seu obxectivo é lexislar e lexislar para facer que fan; inventan solucións e inventan mil contradicións a resolver para esquivar as dúas contradicións principais: o sistema capitalista e España».

Estas son «dúas contradicións que nos están tamén a levar a ser cómplices necesarios dun conflito bélico internacional para o que xa quecen motores e tamén nos levan a ser cooperadores necesarios no xenocidio de Israel con pobo palestino. A nosa obriga, como clase traballadora e polo tanto solidaria, non é outra que estar cos pobos oprimidos na trincheira da dignidade, custe o que custe».

25 anos

No mesmo manifesto dende o sindicato engaden que «a CUT cumpre XXV anos, con moitos erros e algúns acertos, pero se de algo podemos estar seguros e seguras é de que seguimos a ser unha organización necesaria porque somos libres, non somos a correa de transmisión de ninguén (…)».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.