Galicia Vigo al minuto

Folga nas escolas infantís de 0-3 anos

Os días 19 e 25 de outubro e 8 e 15 de novembro

Folga nas escolas infantís de 0-3 anos

As organizacións sindicais CIG-Ensino, CCOO Ensino e SNEP denuncian o «inmobilismo das patronais na negociación do XIII Convenio Colectivo de centros de educación infantil, etapa 0-3″, e convocan 4 xornadas de folga e mobilizacións polas rúas galegas. Dúas delas serán na segunda quincena deste mes, os días 19 e 25,  e  outras dúas na 1ª quincena de novembro, os días 8 e 15. A protesta ten como xustificación «a defensa dos dereitos laborais, sociais e salariais das traballadoras das escolas infantís privadas e de xestión indirecta».

Máis dun ano de negociacións

Nesta liña, as organizacións sindicais convocantes amosan o seu malestar coa marcha das negociacións, que se iniciaron hai máis dun ano. Denuncian que «as patronais non souberon estar á altura das necesidades do sector». Tamén apuntan ao «incumprimento do compromiso acadado en xullo» e a ruptura da unidade sindical para «voltar ao entreguismo, por parte de UGT, USO e FSIE que deixan tiradas as traballadores dun dos sectores máis precarizados do noso país, que apenas cobran o Salario Mínimo Interprofesional e que non ven recoñecida a enorme responsabilidade social que ten o seu traballo».

Asi, apuntan, a “escusa” dada por estas tres centrais sindicais, «que actúan con total entrega á patronal como xa amosaron coa sinatura do que foi o XII convenio actual, é que non ven unha convocatoria de folga de tantos días e neste momento”.

«Non hai vontade de chegar a acordos»

As centrais convocantes aseguran que nas 10 reunións da mesa negociadora, comprobaron que as patronais non mostraron vontade de chegar a ningún acordo que permita ás traballadoras recuperar o poder adquisitivo perdido e obter uns salarios dignos e xustos, acordes coa responsabilidade do seu labor educativo e social coas crianzas.

Así mesmo, salientan, rexeitaron múltiples propostas feitas pola parte social no resto do articulado, no referente a melloras laborais e sociais; «ben non respostando ou mesmo propondo involucións en dereitos que non teñen xustificación dada a precariedade actual do convenio no seu conxunto».

Retribucións por baixo do Salario Mínimo

Entenden que a «actitude das organizacións patronais pon de manifesto a falta de vontade negociadora co ánimo de atrasar e evitar afrontar a necesaria actualización dos salarios». Seguindo este fío engaden que actualmente se atopan por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional (SMI), «impedindo así que as traballadoras poidan recuperar o poder adquisitivo perdido». Ademais, conclúen, negan a necesidade de incrementar o diferencial salarial para as educadoras infantís e tamén se opoñen á aprobación dunhas táboas salariais equilibradas, dignas e xustas para todo o sector.

Por estes motivos, CCOO ENSINO, CIG-ENSINO E SNEP convocan esas catro xornadas de folga, a primeira o prómo xoves, 19 de outubro  con manifestacións en Galicia. A de Vigo sairá ás 12:00h, dende o MARCO ate a Porta do Sol.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.