Deportes Vigo al minuto

Abertas as inscricións para o ‘Trail do Trega 2023’

A proba deportiva terá lugar no Monte Santa Trega da Guarda

Comeza a conta atrás para unha nova subida ao Monte Santa Trega da Guarda. Xa están abertas as inscricións para participar na carreira dos famosos castros celtas, sendo esta a terceira e última proba da competición correspondente á Pontevedra Trail League 2023, tralas do Monte Aloia e a dos Muíños do Folón. Por iso, os que aspiren a gañar a “liga” terán que loitar por ocupar os primeiros postos.

Novidades

Nesta décima edición haberá algunhas novidades: a primeira, as dúas distancias, 12 km con 450 metros de desnivel positivo para o Mini-trail e 19 km con 900 metros de desnivel para o Grand Trail. Ámbolos dous, por primeira vez, sairán á mesma hora, compartindo parte do percorrido.

A segunda novidade é o límite de prazas, 200 para cada unha das probas, xa que o Monte Santa Trega é un ben patrimonial e non pode, nin debe, estar saturado de corredores. O terceiro lugar é para «unha gran sorpresa para todos e todas», que será comunicada pola organización cando antes do evento. Ademais, cabe lembrar que o sábado 18 de novembro terá lugar unha andaina popular para as persoas que o desexen, previa inscrición.

Os deportistas que xa participaron en anteriores edicións coñecen ben as fabulosas vistas que ofrece o monte Santa Trega, o segundo lugar máis visitado de Galicia, só por detrás da Catedral de Santiago. Os que se apunten por primeira vez descubrirán unha experiencia única “ver as augas do Atlántico bañando a vila guardesa”, unha imaxe que sempre se lembra e queda para o recordo.

Por iso ata as 23:59 horas do día 15 de novembro, os que o desexen poderán anotarse para participar no X TRAIL DO TREGA, a través de www.traildotrega.com.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.