Destacados Vigo al minuto

O BNG esixe no Congreso que o Goberno aumente as frecuencias de tren entre Vigo e Coruña

Reclama que «deixe de pór escusas de mal pagador»

O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego (61), reclama ao Ministerio de Transportes que “deixe de pór escusas de mal pagador e se poña a traballar para ofrecer un servizo ferroviario de calidade aos galegos e ás galegas. Precisamos de máis frecuencias de trens no Eixo Atlántico entre Vigo e A Coruña”.

Incidencias, demoras e masificación

Nunha iniciativa parlamentar presentada na Cámara Baixa pide explicacións ao Ministerio presidido por Raquel Sánchez, sobre a sucesión de incidencias, demoras, falta de prazas e de servizos, e masificación na liña ferroviaria entre Vigo e A Coruña.  “Os servizos ferroviarios do Eixo Atlántico, Avant e MD na Galiza comezaron o curso acumulando incidencias. As queixas de usuarios e usuarias son unha constante debido aos problemas para chegar a tempo aos traballos, aos estudos, a unha cita médica ou outro tipo de xestións habituais”, denuncia Rego.

Para o parlamentar nacionalista “é un clamor a demanda de máis frecuencias. O BNG leva anos exixindo que o Ministerio axuste os servizos ás necesidades da poboación galega. Deben ser programados máis horarios á primeira hora da mañá, con intervalos de tempo máis curtos. Non é normal que o primeiro tren MD entre A Coruña e Vigo saia ás 7h, e o seguinte ás 8h, ás 9h e ás 9:30h. O único tren que existe antes das 7h é ás 5:35h. Sucede o mesmo na franxa de mediodía, esperas dunha hora entre un tren e outro. Totalmente ineficaz”. Así mesmo, son necesarios máis trens na última hora da noite.

“Están a converter a mobilidade diaria nun estrés para a xente”

Néstor Rego subliña “o desaxuste existente entre a demanda e as necesidades horarias”, unha situación que se fixo máis clamorosa co incremento de usuarios do ferrocarril con motivo dos bonos gratuítos e os descontos nos Avant. Nesta liña, aproveita para instar ao Goberno a prorrogar os bonos porque “son un incentivo para apostar polo transporte público”.

Tamén insta o Ministerio a acabar coas demoras e as incidencias que converten a mobilidade diaria nun “estrés para os traballadores e as traballadoras. Invistan en mantemento e acaben coas constantes incidencias que poñen os nervios ao límite”.

O deputado do BNG empraza o Ministerio a “tomar en serio o tren galego. Non temos ‘Cercanías’ de Renfe e por riba un Eixo Atlántico estancado desde hai anos nos seus horarios, de costas ás necesidades da poboación. O Ministerio debe saír desa cerrazón”. 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.