Comarcas Vigo al minuto

Rematadas as obras destinadas a reducir as inundacións en Sabarís

Na desembocadura do río Groba

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade estivo hoxe en Baiona para supervisar o remate das obras destinadas a reducir o risco de inundacións na contorna da desembocadura do río Groba en Sabarís. En total, os traballos supuxeron un investimento de preto de 545.000€.

Camiño das Monxas e de Pouquena

Os mesmos, consistiron na mellora da drenaxe en dous viarios municipais desta zona: o Camiño das Monxas e o Camiño Pouquena. Este mesmo mércores, serán entregadas ao Concello, que se encargará a partir de agora
do seu mantemento.

Maior capacidade de desaugue

Así, Ethel Vázquez, subliñou que a culminación desta actuación dotando a estes 2 viarios de maior capacidade de desaugue, permitindo estar mellor preparados fronte ao risco de enchentes. En concreto, a bacía do río Groba neste lugar correspóndense cunha zona identificada como de risco potencial significativo de inundación, no Plan de inundacións da demarcación de Galicia-Costa.

Inundacións recorrentes

Nesta liña, a conselleira explicou que estes viarios tiñan un historial de inundacións recorrentes desde hai anos. En concreto, debíanse á «deficiente drenaxe de pluviais, con episodios agravados cando as fortes precipitacións coincidían coa preamar». Ademais, indicou Vázquez, «é unha zona cha, sen pendentes, onde a auga tende a estancarse e, ao non ter capacidade de evacuación, asolagaba os viarios e construcións lindeiras».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.