Destacados Vigo al minuto

Veciños de Teis demandan a remodelación da beirarrúa de Ángela Iglesias Rebollar

O treito desta rúa foi cedido pola Xunta ao Concello, hai un ano

A Asociación Veciñal de Teis, demanda da Concellería de Vías e Obras a remodelación de toda a beirarrúa na rúa Ángela Iglesias Rebollar. Dende a asociación lembran que na actualidade  estase coas obras da instalación da rampla mecánica no aceso ao centro de saúde. As mesmas inclúen a mellora desta beirarrúa pero, avanzados os traballos «comprobamos que non está previsto incluír a mellora da beirarrúa, no tramo a altura número 5 desta rúa, treito que está en moi mal estado».

Do Concello á Xunta e da Xunta ao Concello

Por iso, o pasado 24 de xullo, os veciños dirixíronse ao Concello solicitando esta mellora… logo de varias consultas, resulta que este treito depende da Xunta, concretamente do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

De aí que o pasado mes de agosto, a Asociación Veciñal se dirixise a este organismo e hai unha semana respostaron que «estes terreos están cedidos ao Concello de Vigo dende o 22 de setembro de 2022». De seguido, nunha «xuntanza informal«, Javier Pardo, concelleiro de Vías e Obras, comentou aos representantes veciñais que «estes terreos non son ainda municipais e que habería que redactar un novo proxecto para realizar a mellora da beirarrúa».

Á vista desta situación, a Asociación considera que «unha cuestión burocrática, non pode provocar que deixe esta rúa cun tramo de beirarrúa sen acondicionar».    

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.