Cultura Vigo al minuto

O ‘Teis Fest’, o venres e sábado na Praza da ETEA

Con concertos, cinema ao aire libre, mercado de artesanía ou animación infantil

A Asociación Veciñal de Teis, celebra a súa festa veciñal este vindeiro final de semana, o venres 8 e sábado 9, a » Teis Fest» na praza da ETEA.   

Esta é a 6ª edición da festa que, ademáis das actividades de lecer, ten coma obxectivo darlle uso e por en valor os terreos da antiga ETEA á que até o 2002 estivo prohibido o aceso da veciñanza, ao ser unhas instalacións militares.

Actividades

A festa veciñal terá un amplo programa  de actividades  ao longo destes dous días, que abranguen un xantar veciñal, concertos, cinema ao aire libre, mercado de artesanía, bar ou animación infantil.

Así, o venres 8, pola tarde estará aberto o mercado de artesanía e  ás 22:30 horas con cinema ao aire libre coa proxección do filme » Valentina».

Xantar veciñal

Unha das actividades máis importantes na festa, é o xantar veciñal que será o sábado 9 ás 14:00 horas, para participar hai que anotarse previamente no local da Asociación, con data limite este venres 8.  Este ano vaise elaborar na propia festa unha paella e haberá tamén unha degustación de mexillóns, xa temos anotadas 100 persoas. O prezo é de 13€ para socios e 17€ non socios.

Sábado
  • 22:30 h. Cinema ao aire libre » Valentina. «
Domingo
  • 12:30 h. Cambio de pola- Os Cuncheiros.
  • 14:00 h. Xantar veciñal.
  • 16:30 h. Animación infantil.
  • 17:30 h. Star Danza.
  • 18:30 h. Banda de música Atlántida de Mátama.
  • 19:30 h. Representación teatral Pirata Drake.
  • 21:30 h. Sonido de Teis.
  • 22:30 h. Vértebras.
  • 00:00 h. Os Vacalouras.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.