Cultura Vigo al minuto

‘Bosques terapeúticos’ chega ao río Eifonso, en Vigo

O programa da Deputación remata esta fin de semana

Bosques terapéuticos

A Deputación de Pontevedra pecha esta fin de semana a actual edición do programa “Bosques terapéuticos”, co que a institución provincial promove actividades baseadas na terapia oriental shinrin yoku ou ‘baño de bosque’. O programa finaliza tras ter esgotado as prazas de todas as actividades e cun balance de 570 persoas que participaron nas 38 rutas ofertadas en sete paraxes situados en Marín, Vilaboa, Poio, Silleda, Cerdedo- Cotobade, Campo Lameiro, Vigo e Meis.

“Bosques terapéuticos” rematará esta fin de semana coas dúas últimas quendas previstas no seu calendario, o sábado 19 en Bembrive e o domingo 20 en Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade, concretamente polo río Eifonso e a ponte colgante do Lérez, respectivamente. Ambas as dúas comezarán ás 10:00 da mañá, participarán 15 persoas en cada unha e terán unha duración de arredor de hora e media. Nelas mesturarase exercicio, cultura, historia e saúde para desfrutar destas contornas naturais.

A senda do río Eifonso

Discorre por Bembrive. O río nace no Monte das Lagoas e ábrese camiño entre o val, pasando aos pés da Capela de San Cibrán. O seu descenso vertixinoso converte as súas correntes en fervenzas como a de Bouzafría e dá orixe a
varios muíños de auga nas súas dúas ribeiras. Esta ruta foi integrada en 2016 no Parque Botánico Arco da Vella.

Ponte colgante do Lérez

O itinerario da ponte colgante do Lérez, de 2,5 quilómetros de lonxitude polos municipios de Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro, desenvólvese nun enclave natural e histórico que posúe unha das concentracións de petróglifos da Idade do Bronce máis asombrosa de Europa. O espazo natural coincide con coutos pesqueiros do río e algúns afluentes como o Almofrei. Ademais neste val, que forma parte da Rede Natura 2000, existen numerosas áreas recreativas fluviais e traxectos polos que discorren pontes e muíños.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.