Destacados Vigo al minuto

Sen cobertura de permisos médicos área sanitaria Vigo

Nos PACs de Cangas, Val Miñor, Ponteareas e Vigo

CIG-Saúde vén de denunciar que non se suplen os permisos médicos nos PACs de Cangas, Val Miñor, Vigo e Ponteareas. «Esta situación é preocupante porque se trata dun servizo esencial que precisa o 100% dos seus efectivos para unha adecuada asistencia», sinalan dende o sindicato. Ademais, subliñan os representantes sindicais, no caso de Cangas e Val Miñor son centros que se viñan reforzando con máis persoal no verán dado o aumento de poboación que se producen nas localidades as que dan asistencia, por ser destinos turísticos.

Tampouco as prazas estructurais

A falta de persoal por permisos e vacacións súmase a que non están a totalidade das prazas estruturais cubertas a efectos de “deixar horas para os contratos de FEAP (Facultativo Especialista de Atención Primaria) ” unha nova modalidade de contrato que realiza dobre prestación en Consulta e PAC.

A asistencia con menos persoal do que correspondería está a supor un aumento importante da carga de traballo para o persoal que atende urxencias e con prestación de 17h entre semana e 24h en domingos e festivos.

Por iso solicita que se cubran as prazas estruturais en todos os PAC, que se busquen solucións para a cobertura das ausencias, máis cando se tratan de servizos de atención urxente, e que se busquen alternativas para fidelizar ao persoal residente que se forma na Área Sanitaria.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.