Comarcas Vigo al minuto

O Concello de Nigrán traslada ao venres, en Patos, o ‘Ioga e meditación no solpor’

Estaba previsto para hoxe pero adíase pola choiva

O gran mestre internacional Madhana, pioneiro na práctica do Ioga en España, introductor en Galicia e fundador e director do Centro Sananda en Vigo, realizará finalmente este venres 4 de agosto ás 20:30 horas unha nova sesión de ‘Ioga no Solpor’ organizadas polo Concello de Nigrán na praia de Patos, ao carón do posto de Protección Civil. Cancélase así a cita de hoxe por mor da choiva e a despedida será o 23 de Agosto á mesma hora.

Así, o célebre yogui realizará unha demostración e posterior clase iniciática gratuíta aberta a toda aquela persoa que desexe participar, non sendo preciso inscribirse previamente, tan só presentarse cunha toalla ou esterilla, botella de auga e protección solar.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.