Galicia Sucesos

Outros dous homes perden a vida en distintas circunstancias

As súas mortes súmanse á do conductor dun camión, en Manzaneda

Muere en plena calle, en Vigo

As súas mortes súmanse á do conductor dun camión, en Manzaneda

Outros dous homes perderon a vida este luns en diferentes circunstancias. O primeiro deles, de 51 años faleceu mentres traballaba nunha neve do polígono industrial do concello de Ordes. Segundo fontes dos servizos de Emerxencia, esmoreceu, e caeu ao chan.

De inmediato deuse a alerta e os primeiros en chegar foron os Bombeiros, que teñen a súa base moi preto e que tentaron reanimalo con axuda dun desfibrilador, ainda que non foi posible. Tampouco poideron recuperalo os profesionais do Punto de Atención Continuada (PAC) de Ordes. Ata o lugar desprazouse tamén un helicóptero medicalizado do 061.

Atopado morto na casa

Ao fío das 13:00h., o personal do 061 alertaba ao 112 de que un home aprecera morto na súa casa do Barco de Valdeorras. Foi a súa coidadora a que o atopou no salon da vivenda, no que había fume e unha das cadeiras estaba calcinada, ainda que no momento no que a muller entrou na casa xa non había lume.

Desde o 112 solicitouse a intervención do GES de Valdeorras, da Policía Local e da Garda Civil, que se desprazaron ata o lugar onde ocorreron os feitos. Alí as forzas da orde fixéronse cargo das investigacións para explicar as causas do falecemento.

Estas dúas mortes súmanse a unha terceira: a do condutor dun camión, de 60 anos de idade, tamén hoxe, nunha estrada de Manzaneda.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.