Comarcas Vigo al minuto

O 77% do orzamento de Plan Concellos da Deputación, para as vilas de menos de 20.000 habitantes

Está dotado con 44 millóns de euros

O 77% do orzamento de Plan Concellos da Deputación, para as vilas de menos de 20.000 habitantes

Está dotado con 44 millóns de euros

O Plan Concellos 2023 da Deputación de Pontevedra contará con 44 millóns de euros, o orzamento máis alto da súa historia. O mesmo destínase ao financiamento regrado dos 59 municipios da provincia de menos de 50.000 habitantes, con especial atención a aqueles que non chegan a 20.000 veciñas e veciños.

Os votos del PSdG-PSOE e do BNG e a abstención do PP, no Pleno da Deputación permitiron a aprobación desta partida que ten coma obxectivo tanto asegurar a liquidez don concellos máis pequenos, senón tamén a creación de emprego.

Flexibilidade

En 2023, ademáis introdúcese aínda máis flexibilidade, abrindo a posibilidade de desviar ata un 30% dos fondos da liña 1 do Plan Concellos (Investimentos) ata á liña 2 (Pagos a provedores, débeda e gasto corrente).

Ademais, a liña 3 (Emprego) reformúlase para adaptala á Reforma Laboral poñendo en marcha así un Programa propio de Políticas Activas de Emprego.

O 77% do Plan para concellos pequenos e medinos

O Plan estrutúrase en 30,5 millóns para Investimentos, 4 millóns para pagos e gasto corrente (absorbe integramente o millón de euros adicional) e outros 9,5 millóns para financiar a nova liña 3 de emprego.

Así mesmo, o Plan Concellos aposta polos municipios de menor poboación dá conta o feito de que as 37 vilas de menos de 10.000 habitantes reciben 19.941.979 euros (o 45,32% do total); os 14 concellos de ata 20.000
habitantes, 14.057.498 euros (o 31,95%) e, finalmente, os 8 municipios que superan os 20.000 habitantes e non chegan a 50.000 habitantes, reciben 10.000.523 euros (un 22,73%).

Esto supón que o 77,27% dos cartos do Plan Concellos van a municipios pequenos e medianos que, ademais, terán un millón máis que o ano pasado: reciben 34 millóns sobre os 44 do Plan.

También te puede interesar