Galicia Vigo al minuto

Educación compromete 14 millóns de euros para a construción do Instituto de Navia

Licitará o proxecto cando o Concello ceda o terreo

Licitará o proxecto cando o Concello ceda o terreo

O conselleiro de Educación anunciou hoxe que o seu departamento eleva a 14 milllóns de euros o investimento consignado para a construción do novo instituto de Navia.

As obras en 2024 e 2025

Son 2 millóns máis dos inicialmente previstos, como consta no borrador de orzamentos da Xunta para 2023, para «facer realidade unha obra necesaria e estratéxica». Nesta liña, Román Rodríguez declarou que dese custe total, blíndanse 220.000€ para arrancar coa redacción do proxecto, «sempre que o Concello de Vigo asine o convenio, que lle foi remitido hai meses, para a cesión dos terreos».

Para a obra, propiamente dita, están sonsignados orzamentariamente pretro de 7 millóns para 2024 e outros 7 para 2025.

Licitación inmediata

“De feito, en canto o Concello asine ese convenio, a redacción do proxecto podería saír a licitación de xeito inmediato”, recalcou o conselleiro, que fixo un chamamento ao diálogo e á cooperación por parte da Administración local.

Nestes momentos a Consellería de Educación conta xa cos planos do futuro edificio e ten encargado o anteproxecto e o estudo topográfico á espera de asinar o convenio co Concello para poder licitar a redacción do proxecto.

Polo tanto, subliñou Rodríguez, a día de hoxe, a Xunta “xa completou todos os pasos ao seu alcance para facer realidade este instituto”. Nesta liña, engadiu, «agardamos -abondou- que o Goberno local [de Vigo] estea á altura dun proxecto destas características e poña todo da súa parte para facelo realidade”.

O proxecto educativo «maís ambicioso de Galicia»

A construción deste instituto é o proxecto máis ambicioso en materia educativa en toda Galicia, e Vigo é o concello que concentra o maior investimento da Xunta neste eido, con máis de 27 millóns destinados pola Xunta a obras de mellora, ampliación ou rehabilitación de centros escolares, indicou o conselleiro.

A este respecto Román Rodríguez asegurou que tan só neste ano 2022, o seu departamento ten adxudicadas o en execución intervencións en nove centros da cidade por máis de 3,5 millóns de euros.

Infografía Instituto Navia (Xunta de Galicia)

800 alumnos, 20 aulas, laboratorios, biblioteca, ximnasio ou pista polideportiva

O novo instituto terá capacidade para arredor duns 700 alumnos e ocupará unha superficie total de preto de 8.200 m2 construídos sobre unha parcela de 12.576 m2 totais.

Nel ubicaranse un total de 20 aulas (16 para Educación Secundaria Obrigatoria e 4 para Bacharelato), e disporá de aulas especializadas (música, tecnoloxía, plástica e debuxo), de laboratorios, aulas multifuncionais (espazos maker), espazo foro, biblioteca, ximnasio, vestiarios e aseos.

Ademais disporá dunha área de Administración (despachos, arquivo, conserxería e reprografía, departamentos didácticos…), de servizos comúns (cafetaría, almacén, vestíbulo e taquillas) e espazos exteriores (patio cuberto, pista polideportiva, espazos cubertos, aparcamento de bicicletas e estacionamentos).

E ademáis:

*Caballero llama mentiroso a Feijóo y exige un convenio para el instituto de Navia

*El alcalde avisa a la Xunta: no habrá plan parcial de Navia si no hay instituto

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.