Cultura Vigo al minuto

Festa dos Callos e dos Socios, en Beade

A fin de semana

A fin de semana

O Centro Cultural de Beade ten programada unha intensa actividade para a vindeira finde semana, que abrangue diferentes actos, dende música, pasando por gastronomía e pintura.

Sábado, 15

O sábado 15 o Centro Cultural acollerá a presentación do primeiro disco de Leni Pérez e Roberto Comesaña que ten por título «De ramo en ramo» (ás 19:00h. no auditorio con entrada de balde). Leni e Roberto darán a coñecer ao público un repertorio tradicional protagonizado pola voz, pandeiro e acordeón.

Domingo, 16

O domingo 16 chegará a XXIV Festa dos callos e dos socios, un evento que retorna tras a pandemia. Os visitantes degustarán da gastronomía típica destas datas a prezos populares: primeira ración a 1€ para cada socio da AVCU de Beade; as seguintes racións e os non socios: 7€ con bebida e pan. 

A festividade dará comezo ás 11:00H e contará con música folk da man de Os Escaravellos e Folk de Coiro.

Así mesmo, a exposición «Vivencias» de Paco Santomé segue aberta ao público de luns a domingo en horario de 10H a 22H. Nos cadros están representados recoñecidos persoeiros galegos, vigueses e veciños da parroquia de Beade.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.